Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Taller xeración de Ideas

Dentro do proxecto de cooperación no que estamos participando Candieira - Rede de apoio e promoción das mulleres do mar. 

O próximo martes 26 de setembro a partir das 17 horas na Casa do Pescador de Miño: Taller de xeración de ideas.

Talleres de xeración de ideas para a produción de iniciativas innovadoras dirixidos ás mulleres do mar e a aquelas persoas que queiran emprender novas iniciativas económicas, sociais e/ou asociativas.

Buscamos a colaboración, o aproveitamento das sinerxías e a dinamización do asociacionismo. Amosaremos iniciativas inspiradoras, poñeremos en práctica dinámicas para coñecernos entre nós e centrar os nosos retos. Xogaremos a modificar ideas. 

Posteriormente, as iniciativas que se queiran levar adiante serán apoiadas por persoal técnico.

Asistencia de balde previa inscrición. GALP GOLFO Artabro NORTE

http://candieira.net/