Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de difusión en Narón. Galicia Norte Mares de Experiencias

Xornada difusión en Narón

Padroado de Cultura. Concello de Narón

Dende as 11:00 ata 12:30

O proxecto de turismo mariñeiro “Galicia Norte, mares de experiencias” continúa o seu calendario de accións formativas coa convocatoria de 5 xornadas de difusión da cultura mariñeira. Durante estas sesións abertas a calquera interesado, informarase sobre o potencial económico e de xeración de emprego do turismo 
mariñeiro. 
Despois destes seminarios de difusión, celebraranse unhas xornadas formativas para a diversificación do sector turístico e pesqueiro, das que se ofrecerá máis información en cada un dos 5 encontros referidos.
“Galicia Norte. Mares de Experiencias” é un proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro impulsado polos GALP (Grupos de acción local del sector pesquero) A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte, e financiado con fondos europeos nos 23 concellos da Coruña e de Lugo que conforman a súa área de actuación. 
Esta iniciativa terá como resultado a creación de 10 experiencias turísticas (5 por cada GALP) ao longo de 384 kilómetros da Galicia máis septentrional, a cuarta parte da costa galega. Outro dos obxectivos é formar á poboación para dinamizar a creación de novos produtos e servizos relacionados co mar e co turismo para impulsar o relevo xeracional no sector da pesca e a fixación de poboación nova.