luns, 23 de Novembro de 2020 - 04:11

O venres pasado arrancamos co programa de actividades de educación ambiental e divulgación cientifica entorno ao medio mariño e fixémolo coa asociación ASCM de Ferrol, da que participaron máis de 15 usuarios e usuarias.
A primeira sesión do programa versou sobre a biodiversidade mariña e, en concreto, sobre a fauna que habita na nosa ría; falamos de curiosidades, detalles incribles sobre os animais mariños e incluso desterramos algunha idea que dabamos por asentada e que, a través da explicación científica, entendemos que non é así.
Unha tarde ben entretida de aprendizaxe e diversión cun grupo de usuarios e usuarias moi pero que moi participativo. Xa estamos preparando a próxima!!


