
Proposta de Resolución da Xunta Directiva para proxectos da Convocatoria 2023
A Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo A Guarda , acordou, en reunión celebrada o 4 de decembro de 2023 na sede do GALP , a proposta de resolución dos proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023”
Esta proposta de Resolución non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.
Esta proposta está publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Vigo A Guarda segundo establece o artigo 20.1 da Orde do 14 de setembro de 2023, da Consellería do Mar.
PROPOSTA DE RESOLUCIÓN
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/proposta-resolucion-4122023
BAREMO
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/baremo-partida-780-entidades...
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/baremo-partida-770-empresas-...
PROPOSTA DETALLADA
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/proposta-detallada-entidades...
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/anexo-i-proposta-detallada-e...
https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/proposta-desestimados-4122023

