
"Mar de Sorrizo" é unha iniciativa orientada á recuperación e posta en valor do patrimonio cultural, material e inmaterial pesqueiro e do litoral do Concello de Arteixo. O proxecto promove a difusión e a posta en valor do patrimonio ligado ao mar a través de diferentes acción de dinamización. Ademais, co obxectivo de divulgar e poñer en valor espazos singulares existentes no territorio, esta proposta apoiase no emprego dun espazo habilitado para a creación dun futuro centro de interpretación, dando os primeiros pasos deste obxectivo a través do desenvolvemento do presente proxecto.
As principais accións do proxecto son a implementación dunha exposición de vinilos de gran tamaño que amose as historias do mar na vila (oficios, naufraxios, biodiversidade, xentes, etc.), o deseño e guiado de dúas ruta tematizadas para facer a pé ao tempo que se dá a coñecer o patrimonio mariñeiro, a realización de obradoiros, un certame de pintura e, finalmente, unha xornada sobre naufraxios, xeoloxía e patrimonio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é recuperar e poñer en valor o patrimonio cultural, material e inmaterial pesqueiro e do litoral do Concello de Arteixo, e, ao tempo divulgar o centro recentemente recuperado en Sorrizo e a súa contorna, de tradición mariñeira.
Específicamente os obxectivos son os seguintes:
- Recuperar e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial marítimo costeiro e somerxido como elementos de identidade relevantes para o desenvolvemento local.
- Divulgar o coñecemento da cultura mariñeira local entre a poboación xeral.
- Fomentar a través da educación a importancia do patrimonio cultural mariñeiro e o seu coidade e conservación.
- Promover actividades turísticas que dinamicen a oferta local, poñan en valor os recursos do litoral de xeito sostible.
Unha maior dinamización do centro "Mar de Sorrizo" a través do deseño e execución das actividades de promoción, divulgación, educación e turismo sostible do proxecto.
Maior recoñecemento entre a poboación local do patrimonio material e inmaterial e dos recursos locais vinculados ao mar mediante o desenvolvemento das actividades de comunicación, material didáctico, exposición, rutas e xornadas.
Mellora da educación ambiental e da percepción do patrimonio cultural mariñeiro tras o desenvolvemento das actividades de sensibilización como os obradoiros, rutas ou a xornada.
Un incremento da implicación da poboación local no desenvolvemento local cultural a través dos obradoiros, as rutas e o certame.
Un impulso á promoción de actividades turísticas sostibles vinculadas á cultura do mar e o patrimonio a través da exposición, as rutas ou a xornada.
As actividades do proxecto son as seguintes:
- Deseño da imaxe gráfica
- Xeración de contido para as actividades do proxecto e creación de vídeos e fotografías
- Comunicación en RRSS
- Elaboración de material didáctico
- Exposición da historia do mar de 20 vinilos.
- Campaña de publicidade con paneis exteriores
- Rutas guiadas tematizadas. Deseño de dous itinerarios litorais tematizados (biodiversidade mariña e historias do mar)
- Certame Mar de Sorrizo, a través de literatura ou da pintura trasmitirán as súas historias co mar.
- Xornada de naufraxios, xeoloxía e patrimonio. Contará coa participación de 10 relatores de referencia.
Obxectivo estratéxico 2: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
Obxectivo específico 2.1: Reducir o impacto das actividades relacionadas co mar e promover iniciativas de economía circular, economía azul, benestar social e seguridade litoral.
Actuación: Promover a economía azul sostible, servizos para unha mellora do sector marítimo e un turismo diferenciado, accesible, inclusivo e sostible.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

