A Confraría de Pescadores da Coruña promove un proxecto que inclúe a adquisición dunha furgoneta isotérmica, dun motocultor e dun endeño remolcado con sistema de chorros de auga, co obxectivo de mellorar a conservación dos produtos pesqueiros e a eficiencia nos traballos de mantemento dos bancos marisqueiros.
A furgoneta permitirá o transporte dos produtos pesqueiros desde os puntos de control ata a lonxa, garantindo a cadea de frío, a calidade e a trazabilidade da materia prima. Ao tratarse dun vehículo con clasificación enerxética cero, reduciranse tamén as emisións de CO₂, contribuíndo á sustentabilidade da actividade.
Pola súa parte, o motocultor e o endeño facilitarán as tarefas de acondicionamento dos substratos intermareais e submareais, permitindo traballos máis eficientes, seguros e respectuosos co medio mariño. Estas accións mellorarán as condicións do hábitat, favorecerán a captación larvaria e impulsarán a recuperación das poboacións naturais de bivalvos, mellorando así a biodiversidade e a sustentabilidade da Ría do Burgo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Garantir o transporte eficiente e seguro das capturas desde os puntos de control ata a lonxa.
- Cumprir coa normativa sanitaria e manter a cadea de frío.
- Mellorar a trazabilidade, a calidade e a seguridade alimentaria dos produtos pesqueiros.
- Diminuír as emisións de CO₂ mediante o uso dun vehículo eficiente e sostible.
- Reforzar a imaxe profesional da confraría e o valor do produto local.
- Dotar aos mariscadores do equipamento necesario para o mantemento dos bancos marisqueiros.
- Mellorar a estrutura sedimentaria dos bancos, favorecendo o asentamento larvario.
- Favorecer a recuperación natural das poboacións de bivalvos.
- Aumentar a rendibilidade da actividade marisqueira e a sustentabilidade a longo prazo.
- Contribuír á conservación dos hábitats mariños e á biodiversidade da Ría do Burgo.
- Transporte máis eficiente, hixiénico e sostible dos produtos pesqueiros.
- Redución das perdas por deterioro e mellora do valor comercial dos produtos.
- Optimización dos desprazamentos e aforro en tempo, recursos e combustible.
- Maior eficacia nas tarefas de rexeneración dos bancos marisqueiros.
- Mellora da calidade dos substratos e incremento da captación larvaria.
- Recuperación das poboacións de bivalvos e incremento da produtividade.
- Reforzo da sustentabilidade da actividade marisqueira e do emprego local.
- Protección e mellora do ecosistema mariño e da biodiversidade da Ría do Burgo.
- Compra dunha furgoneta isoterma con clasificación enerxética cero para o transporte de produtos pesqueiros.
- Compra dun motocultor para traballos de rexeneración nos bancos intermareais.
- Compra dun endeño remolcado con sistemas de chorros de auga para a limpeza e mantemento de substratos submareais.
- Implementación do uso dos equipos nas zonas de produción da Ría do Burgo.
- Coordinación dos traballos de mantemento con mariscadores a pé e a flote da confraría.
Obxectivo estratéxico 3: Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zoas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
Obxectivo específico 3.1: Conseguir un sector pesqueiro máis resiliente, a través de prácticas profesionais sostibles.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

