Este proxecto ten como finalidade impulsar o consumo de peixe e marisco de proximidade, mellorar a percepción social do sector pesqueiro e reforzar a súa competitividade a través de accións coordinadas de comunicación, sensibilización, formación e posta en valor do patrimonio mariñeiro.
A iniciativa estrutúrase en seis liñas de acción principais:
-
Campaña de comunicación en medios tradicionais (prensa, radio e televisión), cun enfoque divulgativo e emocional que promova o consumo responsable de produtos do mar galegos. Esta campaña destacará os beneficios nutricionais do peixe, o seu impacto positivo na economía local e a importancia de escoller comercio de proximidade.
-
Campaña dixital intensiva, que incluirá a creación de contidos específicos en redes sociais e nunha páxina web propia. Estará dinamizada por un community manager para garantir un seguimento continuo e unha conexión real co público novo, fomentando o coñecemento sobre a pesca artesanal e o produto local.
-
Xeración de contidos didácticos e divulgativos, como vídeos, carteis, receitas ou dípticos, destinados tanto á poboación xeral como ao sector da hostalaría e aos puntos de venda. Estes materiais explicarán o valor do peixe local, os métodos de captura sostibles, e darán visibilidade aos profesionais do mar e á súa historia.
-
Formacións especializadas para profesionais do sector, centradas na mellora da comercialización a través das novas tecnoloxías (RRSS, venda en liña), o emprendemento, a busca de financiamento e a implementación de boas prácticas ambientais.
-
Accións de posta en valor do patrimonio pesqueiro, mediante charlas, conferencias e actividades divulgativas sobre a historia mariñeira, os oficios tradicionais, o papel das mulleres na pesca e a identidade cultural ligada ao mar.
-
Charlas de sensibilización ambiental, dirixidas ao sector, co obxectivo de promover un maior compromiso co coidado do medio mariño, fomentar a eficiencia enerxética nas prácticas profesionais e impulsar medidas concretas na loita contra o cambio climático.
Este conxunto de actuacións está pensado para dar resposta ás necesidades actuais do sector pesqueiro, mellorar a súa imaxe pública e adaptarse aos novos retos comerciais, ambientais e sociais, ao tempo que se achega a realidade mariñeira á cidadanía e se promove un consumo consciente e sostible.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Impulsar o consumo responsable de peixe e marisco galego, poñendo en valor o sector pesqueiro local, o seu patrimonio inmaterial e fomentando prácticas sostibles e innovadoras no ámbito da comercialización e produción.
-
Incrementar o consumo de peixe de proximidade e a súa presenza no comercio minorista e hostalaría.
-
Difundir os beneficios nutricionais e sociais do peixe e marisco galego.
-
Visibilizar os oficios tradicionais da pesca e a súa historia como patrimonio inmaterial da comunidade.
-
Formar ao sector en novos métodos de comercialización, promoción e sostibilidade.
-
Recoñecer e poñer en valor os recursos do litoral e concienciar sobre a súa protección.
-
Apoiar á profesionalización e competitividade das empresas do mar, especialmente PEMEs.
-
Contribuír ao relevo xeracional e apoio a emprendedores.
-
Fomentar prácticas sostibles e ambientalmente responsables.
-
Incremento do consumo de peixe e marisco de proximidade por parte da poboación e da hostalaría.
-
Aumento da visibilidade e recoñecemento social do sector pesqueiro e os seus profesionais.
-
Mellora da imaxe do peixe e marisco galego como produto fresco, saudable e sostible.
-
Maior coñecemento da historia e dos oficios vinculados á pesca por parte da cidadanía.
-
Profesionalización e mellora da competitividade do sector a través da formación.
-
Incorporación de boas prácticas ambientais no funcionamento de empresas e profesionais.
-
Fortalecemento da identidade mariñeira da comunidade e promoción do seu patrimonio.
-
Ampliación do público obxectivo sensibilizado coa importancia do medio mariño.
-
Campaña de comunicación en prensa, radio e televisión
-
Desenvolvemento de contidos promocionais entre maio de 2025 e maio de 2026.
-
-
Campaña dixital
-
Lanzamento de web e RRSS, dinamizadas por un community manager, entre decembro de 2025 e maio de 2026.
-
-
Xeración de contidos
-
Elaboración de vídeos, carteis, receitas, dípticos e material gráfico informativo e promocional.
-
-
Formacións ao sector pesqueiro
-
Cursos presenciais de 4 sesións con 15 participantes cada un. Temáticas: promoción en RRSS, comercialización en liña, sustentabilidade, creación de empresas, etc.
-
-
Difusión do valor patrimonial
-
Conferencias e charlas sobre a historia da pesca, os oficios e a riqueza mariñeira local.
-
-
Accións de concienciación ambiental
-
Realización de polo menos 3 charlas co sector para tratar a protección do medio mariño e a loita contra o cambio climático.
-
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

