Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Deporte Nacosta

O proxecto “Deporte na Costa” é unha proposta integral que busca potenciar a práctica deportiva no litoral de Oleiros, aproveitando os recursos naturais da zona e fomentando un estilo de vida activo, saudable e sostible. A iniciativa engloba actividades náuticas (paddle surf, deportes de vento, kayak), sesións de adestramento funcional, pilates e ioga sobre táboas, clases en instalacións deportivas e actividades híbridas no medio natural (area, mar, río, etc.). Ademais, integrarase deporte adaptado e charlas de concienciación ambiental, con accións orientadas á educación, á inclusión e á sustentabilidade.

O proxecto aposta por desestacionalizar a práctica destes deportes tradicionalmente vencellados ao verán, ofrecendo unha programación continuada durante todo o ano. Para isto, farase unha ampla campaña de visibilización a través de redes sociais, páxina web, publicidade física e colaboración con negocios locais.

Ademais, está previsto o emprego de materiais reciclados, a instalación de sistemas de baixo consumo enerxético e a organización de actividades medioambientais como recollidas de lixo e charlas educativas, promovendo así un modelo de economía circular e baixo en emisións de carbono.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Nacosta Watersports SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
11/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro Sur

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
53.586,04
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
52.960,24
Total axuda pública aprobada (€): 
26.480,12
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
18.536,08
FEMP (%): 
70
CA (€): 
7.944,04
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
20
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Potenciar a práctica deportiva ao aire libre e en contacto co medio natural.

  • Dar visibilidade e poñer en valor a costa de Oleiros como espazo de deporte, lecer e saúde.

  • Desestacionalizar a actividade turística e deportiva no litoral.

  • Mellorar a empregabilidade a través da creación de novos postos de traballo.

  • Fomentar a inclusión social e a accesibilidade no deporte.

  • Promover o consumo responsable e de proximidade, en especial de produtos do mar.

  • Concienciar sobre a importancia da sostibilidade e o coidado do medio mariño.

  • Apostar pola innovación e a economía circular no sector deportivo.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Aumento da práctica deportiva entre a poboación local e visitantes.

  • Maior visibilidade e valorización do litoral como espazo de actividade sostible.

  • Creación de novos empregos ligados ao turismo deportivo e á educación ambiental.

  • Expansión da comunidade vinculada ao deporte náutico e á vida saudable.

  • Redución da estacionalidade da actividade deportiva e turística na zona.

  • Mellora da imaxe ambiental grazas ás accións de reciclaxe, recollida de lixo e uso de materiais sostibles.

  • Incremento na contratación de servizos locais e dinamización da economía do entorno.

  • Promoción da igualdade de oportunidades no acceso ao deporte.

Principais actividades do proxecto: 
  • Organización de clases e rutas de paddle surf, kayak e deportes de vento durante todo o ano.

  • Sesións combinadas de adestramento funcional, ioga e pilates sobre táboas ou en espazos naturais.

  • Actividades para colectivos con diversidade funcional e charlas de concienciación ambiental.

  • Accións formativas e de promoción nos colexios para dar a coñecer o deporte náutico.

  • Eventos deportivos e actividades de grupo dirixidas a empresas e asociacións.

  • Campañas de visibilidade online e offline (web, redes sociais, negocio físico, negocios locais).

  • Promoción do consumo de produtos pesqueiros mediante charlas e actividades nutricionais.

  • Recollidas de lixo nas praias, implementación de sistemas de reciclaxe e promoción do uso de materiais reciclados.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 2: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 2.1: Reducir o impacto das actividades relacionadas co mar e promover iniciativas de economía circular, economía azul, benestar social e seguridade laboral. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)