Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Taller náutico móbil, con asistencia a flote

Un mozo emprendedor de 21 anos pon en marcha un proxecto pioneiro na comarca: a creación dun taller náutico móbil destinado a ofrecer solucións técnicas e de mantemento ás embarcacións tradicionais de tamaño pequeno e medio, utilizadas principalmente por profesionais do mar.
Este servizo permite realizar reparacións, mantementos e posta a punto dos motores sen que as embarcacións teñan que desprazarse, aforrando tempo e custos aos mariñeiros e mariscadores. O proxecto destaca pola súa innovación tecnolóxica, grazas á incorporación da aplicación iDS2 Intelligent Diagnostic System, que facilita un diagnóstico preciso e eficiente das avarías.
Servizos ofrecidos:
Asistencia técnica móbil personalizada, directamente no punto de amarre ou varadoira.
Substitución de motores por mellora ou avaría, con servizo de asesoramento técnico.
Préstamo de motores foraborda para casos de reparacións prolongadas, evitando interrupcións na actividade profesional.
Recollida e valoración de refugallos procedentes do sector pesqueiro.
Aproveitamento e reutilización dos materiais desbotados, contribuíndo á economía circular.
Este proxecto non só fomenta o autoemprego xuvenil, senón que tamén responde a unha necesidade real do sector mariñeiro, mellorando a súa operatividade diaria e promovendo prácticas sostibles no tratamento de residuos e equipos en desuso.
Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Pablo Sande García
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Autónomo
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de febreiro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
09/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
17
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Miño

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
17.477,42€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
16.532,42€
Total axuda pública aprobada (€): 
8.266,21€
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
5.786,35€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
2.479,86€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
O proxecto de posta en marcha dun taller náutico móbil ten como finalidade dar resposta á demanda crecente de servizos técnicos máis accesibles, sostibles e adaptados ao día a día dos profesionais do mar. Entre os seus obxectivos destacan:
  • Ofrecer unha solución áxil e menos custosa para a reparación e mantemento das embarcacións, evitando, na maior parte dos casos, ter que retiralas da auga e trasladalas a unha instalación náutica.
  • Dotar aos profesionais do mar dun servizo técnico in situ, que lles permita continuar coa súa actividade sen interrupcións prolongadas, reducindo os tempos de inactividade e mellorando a súa operatividade.
  • Concienciar sobre a importancia do mantemento eficiente dos motores náuticos, contribuíndo a reducir o consumo de combustible, as emisións de CO₂ e o impacto ambiental no medio mariño.
  • Promover a sensibilización ambiental a través das actuacións de mantemento e diagnóstico preventivo, beneficiando tanto ao colectivo profesional como a toda a comunidade costeira.
  • Impulsar a creación dunha nova empresa especializada no territorio, orientada ao sector mariñeiro e complementaria aos servizos existentes.
  • Xerar emprego xuvenil de calidade, apostando polo talento local e promovendo o emprendemento no ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
A posta en marcha deste taller náutico móbil permitirá acadar unha serie de beneficios directos tanto para o sector mariñeiro como para o territorio no que se desenvolve:
  • Prestación dun servizo innovador e inexistente na contorna, reducindo significativamente os tempos de inactividade das embarcacións e facilitando a rápida reincorporación dos profesionais do mar á súa actividade habitual.
  • Creación dunha nova empresa especializada no territorio, orientada a cubrir unha necesidade real do sector pesqueiro e marisqueiro, con capacidade de expansión e consolidación.
  • Xeración de emprego para unha persoa moza, que emprende nesta actividade tras formarse no sector e manter un vínculo directo e persoal coa realidade mariñeira desde idades temperás, apostando polo autoemprego e a dinamización local.
Principais actividades do proxecto: 

Soportes para Motores Foraborda:

  • 10 soportes reforzados con estrutura de aceiro galvanizado e catro rodas, pensados para garantir unha manipulación segura e eficiente do motor.

Remolques Náuticos:

  • Remolque náutico de 7,5 metros en formato en V, con accesorios completos para o transporte seguro do produto.
  • Remolque do modelo 2x1,30 con rodas exteriores á caixa e accesorios, optimizado para as necesidades do sector.

Equipamento Informático e Diagnóstico:

  • Aplicación informática DiagnosisMarina IDS2 Intelligent Diagnostic System para a análise e mantemento dos motores.
  • Equipamento informático: portátil HP 250 G10 e canón de propiedade intelectual para soporte e actualización das ferramentas dixitais.

Arrancador de Baterías Portátil:

  • Arrancador portátil Schumacher 12V 800A, equipado cunha batería recargable LiFePO4 (Lithium-ion) para garantir unha resposta rápida e eficaz nas operacións.

Material Promocional:

  • Producción de 2000 flyers publicitarios en formato A5 (4/0), destinados á difusión do proxecto e a comunicación co público.

Esta selección de actividades reflicte o compromiso do proxecto coas prácticas innovadoras e sostibles, garantindo non só a eficiencia operativa, senón tamén a promoción e difusión das novas solucións tecnolóxicas aplicadas ao sector pesqueiro.


 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.2. Conseguir un sector pesqueiro e resilente onde as actividades marítimo-pesqueiras acaden un peso importante na actividade económica da zona pesqueira

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)