Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

NAVEGANDO CARA UNHA TRADICIÓN SOSTIBLE

O proxecto “Navegando cara a unha tradición sostible”, promovido pola Confraría de Pescadores de Sada, aposta pola modernización e sustentabilidade do sector pesqueiro artesanal mediante a combinación de innovación tecnolóxica, eficiencia enerxética, valorización dos produtos pesqueiros e divulgación da identidade mariñeira local.

A iniciativa contempla a instalación dun sistema de mando inalámbrico para a grúa da nave de redes, mellorando a seguridade na manipulación de cargas; a creación dunha illa enerxética nos viveiros de marisco, aproveitando a instalación fotovoltaica existente e incorporando sistemas de acumulación para garantir o subministro eléctrico e reducir o consumo enerxético; e o desenvolvemento dun proxecto piloto para a elaboración de produtos de 4ª e 5ª gama a partir de especies locais, como a sardiña e a xiba, incorporando algas e outros produtos de proximidade. Esta nova liña busca aproveitar tamén produtos que actualmente non atopan saída comercial, favorecendo a circularidade e o desperdicio cero.

O proxecto complétase con accións de promoción do peixe local e da actividade da Lonxa de Sada, así como coa difusión da historia e tradición mariñeira do municipio. A través das redes sociais darase visibilidade aos oficios do mar, ás artes de pesca, ás embarcacións tradicionais, ao papel da muller e ao patrimonio marítimo material e inmaterial.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
COFRADIA DE PESCADORES DE SADA
Datos de interese: 
https://www.lonxasgalegas40.gal/sada/es
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
16/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
21/07/2026
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
54.574,91 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
54.574,91 €
Total axuda pública aprobada (€): 
54.574,91 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
38.202,44 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
16.372,47 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto ten como finalidade avanzar cara a un sector pesqueiro máis seguro, eficiente, competitivo e sostible, incorporando solucións tecnolóxicas que permitan mellorar as condicións de traballo e reducir os riscos asociados ás actividades da Confraría. Ao mesmo tempo, busca garantir a conservación óptima do marisco nos viveiros e asegurar a continuidade da actividade mesmo ante posibles cortes de subministro eléctrico.

A iniciativa pretende tamén mellorar a eficiencia enerxética das instalacións, reducir custos e avanzar na descarbonización mediante o aproveitamento das enerxías renovables. No ámbito económico e comercial, busca xerar maior valor engadido para os produtos pesqueiros locais, diversificar as canles de comercialización e explorar novas oportunidades a través da elaboración de produtos de 4ª e 5ª gama.

Paralelamente, o proxecto pretende fomentar o consumo de peixe de proximidade e hábitos alimentarios saudables, especialmente entre a poboación máis nova, así como reforzar o coñecemento social sobre o sector pesqueiro, promover o relevo xeracional, visibilizar o papel da muller e poñer en valor a historia e identidade mariñeira de Sada.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A execución do proxecto permitirá mellorar a seguridade nas instalacións da Confraría, reducindo os riscos asociados á manipulación de cargas e modernizando os procesos de traballo. A nova illa enerxética garantirá a continuidade dos viveiros ante posibles cortes de electricidade, reducirá o risco de perdas económicas e contribuirá a manter a calidade e as condicións óptimas de conservación do marisco.

As actuacións enerxéticas permitirán tamén reducir o consumo e a pegada de carbono das instalacións, avanzando cara a un modelo máis eficiente e baseado no aproveitamento das enerxías renovables. Por outra banda, o estudo de mercado e o proxecto piloto permitirán valorar a viabilidade dunha nova liña de produtos transformados de maior valor engadido, aproveitando recursos pesqueiros locais e produtos que actualmente poden quedar fóra das canles habituais de comercialización.

O proxecto contribuirá igualmente a reforzar a trazabilidade e a confianza dos consumidores, promover o consumo de peixe de proximidade e favorecer unha maior estabilidade económica para os profesionais do sector ao longo do ano. As accións de divulgación permitirán incrementar o coñecemento social sobre a actividade pesqueira, fomentar o relevo xeracional e visibilizar o papel da muller no sector.

En conxunto, a iniciativa contribuirá á modernización e fortalecemento do sector pesqueiro artesanal de Sada, combinando innovación, sustentabilidade, valorización do produto e conservación da identidade e do patrimonio marítimo local.

Principais actividades do proxecto: 

A primeira actuación consistirá na adquisición, instalación e posta en funcionamento dun sistema de mando inalámbrico para a grúa da nave de redes. Previamente realizarase un estudo técnico de compatibilidade e seleccionarase o equipamento adecuado conforme á normativa de seguridade. Tras a instalación, efectuaranse as correspondentes probas de funcionamento e formarase o persoal no manexo do novo sistema, permitindo modernizar a manipulación de cargas e reducir os riscos laborais.

A segunda actuación estará centrada na instalación dunha illa enerxética nos viveiros de marisco. O sistema aproveitará a instalación fotovoltaica existente na lonxa e incorporarase un sistema de acumulación que permita garantir o funcionamento dos viveiros ante cortes de subministro e optimizar o consumo eléctrico. A xestión da enerxía almacenada permitirá ademais reducir o consumo en períodos de maior custo e mellorar a eficiencia global das instalacións.

Como terceira liña de actuación, desenvolverase un proxecto piloto de elaboración de produtos de 4ª e 5ª gama acompañado dun estudo de mercado. Analizarase a demanda, os perfís de consumidores, as canles de comercialización e as tendencias do mercado para determinar a viabilidade dunha nova liña de produtos elaborados principalmente a partir de sardiña certificada MSC e xiba, incorporando tamén algas e outros produtos de proximidade. Realizaranse probas de elaboración, conservación e aceptación, e deseñaranse solucións de envasado sostible con información completa sobre a trazabilidade e a procedencia do produto.

Finalmente, desenvolveranse accións de divulgación e promoción a través das redes sociais, destinadas a dar a coñecer a importancia económica, social e cultural da pesca en Sada. As campañas poñerán en valor o peixe de proximidade, os produtos da Lonxa de Sada e os oficios do mar, facendo especial fincapé no relevo xeracional, na participación das mulleres e na conservación do patrimonio marítimo material e inmaterial.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)