O proxecto ten como finalidade recuperar e poñer en valor o patrimonio marítimo inmaterial vinculado ao remo tradicional no Golfo Ártabro mediante a adquisición dunha trainera tradicional que se converterá nun recurso marítimo de uso comunitario. A embarcación será integrada na actividade habitual do club e permitirá desenvolver iniciativas educativas, culturais, sociais e ambientais abertas á cidadanía, con especial atención á participación da mocidade.
A través de xornadas de iniciación ao remo, actividades de divulgación sobre a cultura marítima e os oficios do mar, accións de sensibilización ambiental e programas específicos de igualdade e inclusión, o proxecto pretende favorecer a transmisión interxeracional dos coñecementos relacionados coa navegación tradicional. Ademais, promoverase a colaboración con confrarías de pescadores do territorio para poñer en valor a pesca artesanal, o marisqueo e o coñecemento das persoas vinculadas ao sector pesqueiro como parte da memoria colectiva.
A trainera terá así unha función que vai máis alá da práctica deportiva, converténdose nun instrumento para reforzar a identidade marítima do territorio, fomentar a participación social e achegar a poboación ao mar e ao patrimonio cultural asociado a el.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O principal obxectivo do proxecto é recuperar, preservar e dinamizar o patrimonio marítimo inmaterial relacionado co remo tradicional no Golfo Ártabro, facilitando o acceso da poboación a esta práctica e favorecendo especialmente a participación da mocidade.
A iniciativa pretende tamén poñer en valor a pesca artesanal e o marisqueo como elementos fundamentais da identidade marítima do territorio, promovendo a cooperación entre o tecido asociativo deportivo e o sector marítimo-pesqueiro. A participación de pescadores e mariscadoras permitirá incorporar os seus coñecementos e experiencias ás actividades de divulgación e contribuír á transmisión da memoria colectiva vinculada ao mar.
Outro dos obxectivos é promover a sensibilización ambiental, a igualdade e a inclusión nas actividades marítimas, creando un recurso comunitario estable que xere beneficios sociais, culturais e territoriais a medio e longo prazo.
O proxecto permitirá dispoñer dunha trainera tradicional integrada na actividade do club e posta ao servizo da comunidade como recurso educativo, cultural, deportivo e ambiental. A súa utilización facilitará a recuperación e transmisión de coñecementos vinculados ao remo e á navegación tradicional, especialmente entre as novas xeracións.
As actividades previstas contribuirán a incrementar o coñecemento e a valoración da pesca artesanal, o marisqueo e dos produtos pesqueiros locais, reforzando a colaboración entre o tecido asociativo deportivo e as confrarías de pescadores e recoñecendo o papel das persoas do sector como transmisoras de coñecemento e memoria marítima.
A iniciativa permitirá tamén aumentar a sensibilización da cidadanía sobre a protección do medio mariño, promover a participación das mulleres e doutros colectivos con dificultades de acceso ás actividades náuticas e xerar novos espazos de encontro entre o sector marítimo-pesqueiro, as entidades deportivas e a sociedade.
En conxunto, o proxecto xerará un impacto social, cultural e territorial duradeiro, contribuíndo á conservación do patrimonio marítimo inmaterial e ao fortalecemento da identidade marítima do Golfo Ártabro.
O proxecto permitirá desenvolver xornadas de iniciación ao remo tradicional dirixidas especialmente á mocidade e á poboación escolar, nas que se abordarán tamén a historia do remo, a súa relación cos oficios do mar, os valores de cooperación e as nocións básicas de seguridade marítima.
Complementariamente, organizaranse actividades de divulgación sobre a cultura marítima e a historia local, contando coa colaboración de representantes das confrarías de pescadores para dar a coñecer a pesca artesanal, o marisqueo e os produtos pesqueiros do territorio. A trainera será empregada como recurso para explicar a relación histórica entre as persoas e o medio mariño e para achegar á cidadanía ás formas tradicionais de navegación.
Tamén se desenvolverán accións de sensibilización ambiental, incluíndo charlas sobre sustentabilidade mariña, residuos, uso responsable da enerxía e mobilidade sostible, así como accións simbólicas de recollida de residuos mariños. Estas actividades permitirán vincular a práctica do remo co coidado e respecto polo medio mariño.
O proxecto incorporará ademais actividades específicas para favorecer a igualdade e a inclusión, con iniciativas destinadas a incrementar a participación das mulleres e a eliminar barreiras de acceso ás actividades marítimas. A isto sumaranse adestramentos de remo tradicional, participación en regatas e encontros de embarcacións tradicionais e un programa de fomento do remo base e da incorporación de novos deportistas.
Finalmente, a iniciativa contará con accións de comunicación e visibilidade mediante a identificación da trainera, a difusión do proxecto na web e nas canles dixitais do club e a participación en eventos culturais e festividades relacionadas co mar.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
OBXECTIVO ESPECÍFICO 4.1. Poñer en valor o benestar social e o patrimonio cultural como elemento dinamizador da diversificación da zona costeira, contribuíndo ao reforzo da identidade territorial, á proxección internacional e a dinamización social e turística.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

