
|
O proxecto ten como obxectivo fortalecer o papel as comunidades pesqueiras no desenvolvemento local mediante un programa de cooperación que promove a posta en valor do sector mariño, a preservación do patrimonio cultural marítimo e o coñecemento da costa da Ría de Pontevedra |
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Xeral:
fortalecer o papel das comunidades pesqueiras na gobernanza e o desenvolvemento sostible na zona costeira da ría de Pontevedra mediante a coordinación, a cooperación e o diálogo entre o sector do mar e os diferentes axentes sociais, institucionais e económicos do territorio.
Específicos:
1.- Promover a coordinación e o diálogo entre o sector pesqueiro e outros axentes relevantes do territorio (administracións, entidades sociais, educativas e empresariais)
2.- Fomentar accións colaborativas que contribúan á posta en valor dos produtos do mar, os oficios tradicionais e o patrimonio cultural marítimo.
3.- Promover a participación activa da cidadanía na protección, o coñecemento e o uso sostible dos recursos mariños e do litoral.
4.- Reforzar a visibilidade e o papel das mulleres e outros colectivos vinculados ao sector do mar, favorecendo a transmisión interxeracional dos coñecementos
- Participación directa de máis de 220 persoas nas actividades, incluíndo os representantes do sector pesqueiro, entidades sociais, centros educativos e cidadanía en xeral.
- Implicación activa de polo menos 10 entidades do territorio en accións de cooperación e gobernanza vinculadas ao mar.
- Realización de accións para a posta en valor dos produtos pesqueiros locais e os oficios marítimos mediante visitas, rutas sonoras, actuacións e obradoiros participativos.
- Desenvolvemento de actividades de concienciación ambiental e coñecemento do litoral que reforcen o compromiso coa protección dos recursos mariños.
- Sensibilización co papel da muller no sector do mar e a transmisión interxeracional dos coñecementos tradicionais
- Creación de espazos de encontro e diálogo entre o sector pesqueiro e a cidadanía, fortalecendo a gobernanza local e o desenvolvemento sostible na zona costeira
|
O proxecto desenvolverase nos municipios de Bueu e Marín, e estará estruturado nas seguintes liñas de actuación:
Economía circular: faranse saídas para recoller residuos do mar e de establecementos vinculados ao sector, os cales serán reutilizados na creación de instrumentos musicais e xoguetes sonoros, fomentando así a economía circular, a redución de residuos mariños e a concienciación ambiental. Dinamización territorial, igualdade e gobernanza comunitaria: levaranse a cabo accións culturais e participativas ao longo do ano, favorecendo a desestacionalización e a cohesión territorial. Obradoiros terapéuticos e transmisión do patrimonio marítimo: desenvolveranse obradoiros para a recuperación e transmisión do patrimonio cultural marítimo en centros para persoas maiores e persoas con discapacidade, facendo uso da música, os sons do mar e as historias como ferramentas para o benestar e inclusión social. |
Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Promover sinerxias e o fomento de accións colaborativas que teñan coma obxectivo acadar o desenvolvemento sostible da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

