Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A MÚSICA NOS OFICIOS E LABOURAS DO NOSO MAR

O proxecto ten como obxectivo fortalecer o papel as comunidades pesqueiras no desenvolvemento local mediante un programa de cooperación que promove a posta en valor do sector mariño, a preservación do patrimonio cultural marítimo e o coñecemento da costa da Ría de Pontevedra

 
Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE PERSOAS CON ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS DO MORRAZO
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
ASOCIACIÓN
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
PE155A - ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
09/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
-
Anualidades: 
2026-2027
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

MARÍN-BUEU

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
55.710,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
55.710,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
55.710,00 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
38.997,00 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
16.713,00 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Xeral:

fortalecer o papel das comunidades pesqueiras na gobernanza e o desenvolvemento sostible na zona costeira da ría de Pontevedra mediante a coordinación, a cooperación e o diálogo entre o sector do mar e os diferentes axentes sociais, institucionais e económicos do territorio.

Específicos:

1.- Promover a coordinación e o diálogo entre o sector pesqueiro e outros axentes relevantes do territorio (administracións, entidades sociais, educativas e empresariais)

2.- Fomentar accións colaborativas que contribúan á posta en valor dos produtos do mar, os oficios tradicionais e o patrimonio cultural marítimo.

3.- Promover a participación activa da cidadanía na protección, o coñecemento e o uso sostible dos recursos mariños e do litoral.

4.- Reforzar a visibilidade e o papel das mulleres e outros colectivos vinculados ao sector do mar, favorecendo a transmisión interxeracional dos coñecementos

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  1. Participación directa de máis de 220 persoas nas actividades, incluíndo os representantes do sector pesqueiro, entidades sociais, centros educativos e cidadanía en xeral.
  2. Implicación activa de polo menos 10 entidades do territorio en accións de cooperación e gobernanza vinculadas ao mar.
  3. Realización de accións para a posta en valor dos produtos pesqueiros locais e os oficios marítimos mediante visitas, rutas sonoras, actuacións e obradoiros participativos.
  4. Desenvolvemento de actividades de concienciación ambiental e coñecemento do litoral que reforcen o compromiso coa protección dos recursos mariños.
  5. Sensibilización co papel da muller no sector do mar e a transmisión interxeracional dos coñecementos tradicionais
  6. Creación de espazos de encontro e diálogo entre o sector pesqueiro e a cidadanía, fortalecendo a gobernanza local e o desenvolvemento sostible na zona costeira
Principais actividades do proxecto: 

O proxecto desenvolverase nos municipios de Bueu e Marín, e estará estruturado nas seguintes liñas de actuación:

  1. Diagnóstico e inicio do proxecto
  2. Actividades de posta en valor dos produtos do mar e dos espazos do sector: levaranse a cabo accións para revalorizar os produtos pesqueiros locais e os oficios mariñeiros.
  3. Actividades de divulgación ambiental e coidado do litoral. Desenvolveranse accións de concienciación ambiental que inclúen:

Economía circular: faranse saídas para recoller residuos do mar e de establecementos vinculados ao sector, os cales serán reutilizados na creación de instrumentos musicais e xoguetes sonoros, fomentando así a economía circular, a redución de residuos mariños e a concienciación ambiental.

Dinamización  territorial, igualdade e gobernanza comunitaria: levaranse a cabo accións culturais e participativas ao longo do ano, favorecendo a desestacionalización e a cohesión territorial.

Obradoiros terapéuticos e transmisión do patrimonio marítimo: desenvolveranse obradoiros para a recuperación e transmisión do patrimonio cultural marítimo en centros para persoas maiores e persoas con discapacidade, facendo uso da música, os sons do mar e as historias como ferramentas para o benestar e inclusión social.

 
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

Obxectivo específico da EDLP: 

Promover sinerxias e o fomento de accións colaborativas que teñan coma obxectivo acadar o desenvolvemento sostible da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)