Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Hotel e Vinomariteca Casa Maruxa

Este proxecto ten como finalidade crear un establecemento de aloxamento turístico vinculado ao sector pesqueiro, orientado á promoción do produto mariño local e da cultura gastronómica das Rías Altas. A iniciativa integrará servizos de hospedaxe, unha vinomariteca-cafetería, unha tenda gourmet e un espazo destinado á realización de eventos e actividades divulgativas, promovendo o consumo de produtos do mar de proximidade e a valorización da identidade gastronómica do territorio. O proxecto contribuirá á dinamización turística sostible, ao fortalecemento da conexión entre o turismo e o sector pesqueiro e á difusión do patrimonio mariñeiro no ámbito do GALP Golfo Ártabro Norte.

Datos xerais
Acrónimo: 
Casa Maruxa
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Inboca Hoteles, S.L.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
28/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
29
Anualidades: 
3
Data fin de execución: 
31/10/2028
Ámbito de aplicación: 

Pontedeume

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
482.575,17€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
482.575,17€
Total axuda pública aprobada (€): 
50.000,00€
% Subvención: 
10,3
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
35.000,00€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
15.000,00€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
3
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Impulsar un modelo de turismo sostible vinculado ao sector pesqueiro, baseado na promoción do produto mariño local e da cultura gastronómica das Rías Altas.
  • Fomentar o consumo de produtos do mar de proximidade e contribuír á valorización da pesca e do marisqueo como elementos diferenciadores do territorio.
  • Promover a identidade gastronómica e o patrimonio mariñeiro do Golfo Ártabro Norte mediante unha oferta turística innovadora e integrada.
  • Contribuír á dinamización económica do territorio mediante a creación de emprego estable e o fortalecemento da actividade turística vinculada ao sector marítimo-pesqueiro.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Creación dun establecemento turístico especializado que integra servizos de hospedaxe, vinomariteca-cafetería, tenda gourmet e espazos para a realización de eventos e actividades divulgativas vinculadas ao sector pesqueiro.
  • Posta en marcha dun centro de interpretación dedicado á promoción do produto mariño, das lonxas, da gastronomía, da maridaxe e da cultura mariñeira das Rías Altas.
  • Creación de 3 postos de traballo estables, contribuíndo á dinamización económica e á xeración de emprego no territorio.
  • Incremento da promoción e valorización do produto pesqueiro local, favorecendo o consumo de produtos do mar de proximidade e reforzando a identidade gastronómica do Golfo Ártabro Norte.
Principais actividades do proxecto: 
  • Rehabilitación e acondicionamento do inmoble para a súa posta en funcionamento como establecemento turístico vinculado ao sector marítimo-pesqueiro.
  • Creación dunha vinomariteca-cafetería, unha tenda gourmet e espazos destinados á celebración de eventos e actividades divulgativas.
  • Dotación do establecemento con mobiliario, equipamento e elementos necesarios para o desenvolvemento da actividade.
  • Deseño e instalación de contidos interpretativos orientados á divulgación do produto mariño, das lonxas, da gastronomía das Rías Altas, dos viños galegos e da maridaxe con produtos pesqueiros locais.
  • Desenvolvemento de actividades de promoción e difusión da cultura gastronómica e do patrimonio mariñeiro, favorecendo a valorización do produto pesqueiro de proximidade.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino turístico atractivo

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)