Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mapa

Grupo  de  Acción  Local  do  Sector  Pesqueiro Ría  de  Arousa  configúrase  como  unha  unidade  sobre  todo  pola  súa  xeografía,  un  anel  litoral  que  rodea  e  define  a  Ría  de  Arousa.  Constitúe  o  exemplo  máis  claro  de  economía  simbiótica  entre  terra  e  mar  que  hai  en  Galicia.  Está  composto  por  once  concellos  que  agrupan  un  total  de  153 708  persoas nunha superficie terrestre de 425,8 km².

Esta zona presenta unha forte dependencia económica do mar, derivada das actividades pesqueiras (a pesca mariña reúne  o  44%  dos  empregos  do  GALP)  e  das  turísticas,  vencelladas  en  grande  parte  a este.  O  conxunto  de  espazos e recursos naturais protexidos que atesoura a zona costeira danlle coherencia á actividade do turismo que se apoia nestes como un importante reclamo.

Os concellos que forman este grupo son: Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.