Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RELEVO XERACIONAL: O FUTURO DO MAR

O sector marítimo-pesqueiro galego constitúe o motor económico e social de moitas comunidades costeiras. Con todo, este sector tan importante, atópase actualmente inmerso nun proceso de transformación marcado polo envellecemento da flota, a escaseza de relevo xeracional e a necesidade de profesionais cualificados. Este proxecto nace como resposta a esa realidade cunha proposta integradora que combina formación, experiencia práctica a bordo e vinculación directa co tecido produtivo, situando a Formación Profesional Dual como eixo central.

A FP Dual adaptada ao mar preséntase como unha ferramenta clave para garantir unha actividade pesqueira sostible, atractiva e con futuro para as novas xeracións, en consonancia coas políticas de desenvolvemento local participativo, o fomento do emprego xuvenil e a modernización do sector.

O proxecto está impulsado conxuntamente polos 8 Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia contando tamén coa colaboración do GALP do País Vasco e co apoio de entidades formativas e do propio sector. Está dirixido principalmente a mozas e mozos, especialmente alumnado de FP, futuras persoas estudantes do sector náutico-pesqueiro, así como a armadores, centros educativos, entidades formadoras e administracións públicas vinculadas ao ámbito do mar

Datos xerais
Acrónimo: 
RELEVO
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP RÍA DE AROUSA
Datos de interese: 
https://galp.xunta.gal/
Perfil empresarial: 
ASOCIACIÓN
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE 19 DE XUÑO DE 2025
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
30/10/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
18
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
30/11/2026
Ámbito de aplicación: 

Territorio comprendido nos 8 GALP’s galegos e País Vasco, ao contar co grupo ITSAS GARAPEN ELKARTEA FLAG como colaborador

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
145520,88
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
145520,88
Total axuda pública aprobada (€): 
145520,88
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
101864,61
FEMP (%): 
70
CA (€): 
43656.26
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

-Dar visibilidade pública e institucional á FP Dual Marítimo-Pesqueira con actos de apertura e clausura e unha xornada autonómica, retransmitida en streaming para o sector, administración, comunidade educativa e sociedade.

-Informar e motivar ao alumnado de FP e ESO sobre as oportunidades do sector e do modelo de FP Dual, mediante sesións en centros, visitas e envíos reais.

-Ofrecer experiencias prácticas para espertar vocacións e reforzar o vínculo entre territorio e sustentabilidade.

-Implicar activamenteao sector e as entidades formativas con traballo de campo, contactos e presenza na xornada autonómica.

-Reforzar a identidade do proxecto cunha campaña de comunicación, presenza en eventos clave como EDUGAL, e elaboración de materiais promocionais.

-Visibilizar o impacto territorial e social do proxecto adaptado a cada GALP, amosando as particularidades e oportunidades de cada zona costeira galega no marco da FP Dual.

- Contribuír á sustentabilidade e replicabilidade a longo prazo, xerando redes de colaboración entre os centros educativos e o sector pesqueiro, documentación audiovisual, boas prácticas e unha marca recoñecible.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1.Aumento do coñecemento da FP Dual Marítimo-pesqueira en Galicia entre a mocidade, mediante as visitas aos centros educativos (mínimo 16) e chegando a máis de 500 estudantes, visitas externas a entidades do sector (mínimo 8)  .

2. Refuerzo do relevo xeracional e a empregabilidade da mocidade que  accede a experiencias  de traballo a bordo, impulsando vocacións reais.

3. Implicación do sector pesqueiro como axente formador, recoñecendo aos armadores e entidades  do sector como axentes formadores.

4. Creación de redes estables entre centros educativos e armadores.

5. Visibilización do sector como opción de futuro sostible, estable e innovadora.

6. Materiais divulgativos e audiovisuais reutilizables en futuras accións formativas ou divulgativas.

7. Modelo replicable noutros territorios ou sectores como a agricultura, a carpintaría ou a acuicultura

Principais actividades do proxecto: 

1. Actos de inicio e peche

Organización de actos institucionais, con difusión en liña, participación de axentes clave do sector que serven para dar visibilidade pública ao proxecto e atraer asistencia ás súas actividades. Serán reforzados cunha campaña de comunicación.

 

 Organización do acto de apertura.

Acto inaugural inclúe retransmisión en streaming e unha degustacións de produtos do mar para reforzar o vínculo co territorio e o sector pesqueiro.

 

 

 Acto de clausura.

Acto final inclúe retransmisión en streaming e degustación de produtos do mar.

 

2. Traballo de campo e intervencións nos centros educativos( Programa en anexo)

Accións presenciais en centros de formación para informar, motivar e captar alumnado. Inclúe sesións presenciais, visitas a instalacións externas e internado real, achegando o modelo de FP Dual ao ámbito educativo. Serán reforzadas cunha campaña de comunicación.

 

 Intervencións nos centros educativos.

Acción dirixida a informar e motivar ao alumnado sobre a FP Dual Marítimo-Pesqueira con actividades presenciais e vivenciais (visitas a instalacións do sector )  Centros educativos: mínimo 2 máximo 8. Visitas a instalacións do sector: 1 visita de campo por centro

 

 EMBARQUES: (Incluidos os seguros).

Facilitarase a experiencia de 1 embaqrue por GALP para os alumnos seleccionados

 

 Campamento de sensibilizacións ambientais (32 Persoas)

Premiar proxectos dos centros de ensino (Max. 4 alumnos por GALP), fomentando a educación ambiental e a conexión co mar.

 

3. Traballo de campo, recopilación de información e  xornadas de FP Dual

Actuacións para contactar con armadores e entidades interesadas, xerando redes de colaboración.  Culmina cunha xornada autonómica de difusión e networking que reforza o modelo de FP Dual . Esta verase complementada con outra xornada colaborativa e presencial  entre os GALPs Galegos e os nosos homólogos Vascos, nesta xornada preténdese mostrar as nosas experiencias na FP dual e exemplos de boas prácticas relacionadas coa pesca. Serán reforzadas cunha campaña de comunicación.

 

Realización dunha conferencia sobre FP Dual e actividades cos nosos socios vascos

Organización dunha xornada autonómica como acto central do proxecto. Inclúe unha degustación de produtos do mar (máximo 80 persoas).

Xornada con actividades entre todos os socios do proxecto. Esta estará condicionada a dispoñibilidade dos socios Vascos para acudir a Galicia.

 

 

4. Elaboración de material de promoción e difusión

Creación de materiais audiovisuais e de merchandising para dar a coñecer o proxecto, Inclúe vídeos institucionais e pezas específicas de GALP, pensadas para o seu uso en redes, medios e eventos.

 

 Material de merchandising.

Creación de soportes promocionais físicos para reforzar a identidade visual do proxecto: botellas metálicas (1000 unidades).

 

 Imaxe de marca.

Deseño dunha identidade visual para o proxecto (logotipo, tipografía, paleta de cores e aplicacións gráficas), co obxectivo de facilitar o seu recoñecemento en todos os materiais e eventos.

 

Campaña de comunicación.

Execución dunha campaña estratéxica de difusión do proxecto .Esta campaña estará incluída en cada actividade do proxecto o longo das dúas anualidades.

 

Elaboración de material audiovisual.

 Inclúe un vídeo promocional conxunto e pílulas testemuñais específicas para cada GALP, centrados no traballo no eido mariño, que reflicten a implantación do proxecto en cada territorio e o traballo dos seus profesionais.

 

5. Participación para promover o proxecto en EDUGAL (feira educativa de Pontevedra)

Asistencia ao evento educativo EDUGAL con stand propio, materiais promocionais e cobertura do espazo para dar visibilidade ao proxecto e captar o interese do alumnado, familias e centros educativos.

 

 

 Asistencia á feira en outubro de 2026.

 

6. Visita de estudo ao País Vasco

 Viaxe de estudo ao País Vasco para coñecer de primeira man boas prácticas e modelos de FP Dual aplicados ao sector marítimo-pesqueiro noutra comunidade de referencia.

Tera lugar unha experiencia de pesca co embarque dos asistentes á visita xunto co GALP anfitrión .

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio

Obxectivo específico da EDLP: 
-
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)