Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XORNADA INFORMATIVA CONVOCATORIA 2026

Dende o GALP Ría de Arousa informamos de que estamos organizando unha última xornada na que informaremos sobre o recollido na Orde de Bases desta convocatoria, comentaremos os modelos a cubrir e solventaremos as posibles dúbidas que poidan xurdir ao longo da presentación. 
 
Se estás pensando en presentar un proxecto, é importante que asistas.
 
Data: 5 de febreiro de 2026
Hora: 11:00
Lugar: Aula Seminario de FEXDEGA - Avda. Rodrigo de Mendoza s/n, Vilagarcía de Arousa
 
Aínda que non hai límite de prazas, se estás interesado en asistir, rogamos que nos confirmes a este correo o nome e o número de persoas que asisten.
 
Para calquera dúbia ou aclaración estamos a túa disposición.
 
GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO RÍA DE AROUSA
 
Avda Rodríguez de Mendoza s/n (FEXDEGA)
36600 - Vilagarcía de Arousa
Tlf.: 986.510.953 - 628.155.386