Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Quen son?

O Grupo de Acción Local Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa ten un total de 47 entidades socias, das cales o 36,2% pertence ao sector pesqueiro, mentres que as entidades do sector social representan o 38,3%. O sector público conta con oito entidades e o económico ten catro.

As entidades socias do GALP agrupan un total de 26 869 persoas socias, o que representa unha porcentaxe moi alta da poboación, 17,5%.  As entidades do sector pesqueiro contan con 5332 persoas socias, o que representa o 82,3% da poboación afiliada ao réxime do mar desta zona.

A presenza de mulleres na asemblea é do 31,9%. En todos os sectores existe unha maior representación masculina, agás no sector social, onde se equilibra o número de mulleres e homes.

A continuación amósanse as entidades socias:

Entidades socias