Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Obxectivos

  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible a través du uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
    • Obxectivo específico 1.1: Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.
    • Obxectivo específico 1.2: Acadar a incorporación laboral ou profesional da  mocidade e a profesionalización do sector pesqueiro.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
    • Obxectivo específico 2.1: Conseguir novas utilidades dos recursos e os residuos pesqueiros.
    • Obxectivo específico 2.2: Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara ás actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
    • Obxectivo específico 3.1: Desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da Ría de Arousa.
    • Obxectivo específico 3.2: Valorizar os espazos naturais  a través dun aproveitamento sostible.
    • Obxectivo específico 3.3: Reducir porcentualmente a pegada de carbono e incrementar o emprego de enerxías limpas e renovables.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
    • Obxectivo específico 4.1: Preservar e poñer en valor o  patrimonio costeiro, para reforzar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5: Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
    • Obxectivo específico 5.1: Acadar maiores índices de participación e implicación do sector no desenvolvemento sostible da zona costeira.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 6: Fomento da cooperación.
    • Obxectivo específico 6.1: Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.