Un navalleiro da Confraría de Portonovo pretende desenvolver unha actividade alternativa á pesqueira a partir da construcción dun centro ecuestre no Concello de Sanxenxo. Dentro do proxecto vanse a desenvolver as seguintes actividades co obxectivo de constituír un centro de hípica e actividades de lecer íntimamente relacionadas coa natureza e o patrimonio medioambiental:
1. Acondicionamento e cerramento do terreo para a construción das infraestruturas necesarias.
2. Construción dun picadeiro cuberto de dimensións oficiais para organización e realización concurso de equitación (25x60 m).
3. Construción dun picadeiro exterior.
4. Construción de cuadras para o coidado dos cabalos.
5. Salón social: creación dun salón onde ofrecer aos clientes distintos produtos pesqueiros procedentes da pesca artesanal, facer actividades ligadas á gastronomía local como showcookings, cursos de cociña, etc
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é a creación e posta en marcha de novas actividades de deporte e lecer que permitan a diversificación do sector pesqueiro e a ampliación da oferta turística no concello de Sanxenxo. O emplazamento onde se desenvolverá o proxecto linda cunha zona de interese arqueolóxico e paisaxístico polo que ditas actividades estarán íntimamente relacionadas coa natureza, a posta en valor do medio ambiente e o patrimonio medioambiental da Ría de Pontevedra e en concreto do concello de Sanxenxo.
Co desenvolvemento deste proxecto quérese dar a coñecer as Rías Baixas como destino turístico sustentable, de conexión coa natureza e posta en valor do entorno medioambiental reducindo e desestacionalizando o turismo de “sol e praia” tan característico da costa sur galega e en concreto do concello de Sanxenxo.
Dentro do proxecto vanse a desenvolver as seguintes actividades co obxectivo de constituír un centro de hípica e actividades de lecer íntimamente relacionadas coa natureza e o patrimonio medioambiental:
1. Acondicionamento e cerramento do terreo para a construción das infraestruturas necesarias
2. Construción dun picadeiro cuberto de dimensións oficiais para organización e realización concurso de equitación ( 25x60 m).
3. Construción dun picadeiro exterior.
4. Construción de cuadras para o coidado dos cabalos.
5. Salón social: creación dun salón onde ofrecer aos clientes distintos produtos pesqueiros procedentes da pesca artesanal, facer actividades ligadas á gastronomía local como showcookings, cursos de cociña, etc.
Os obxectivos específicos do proxecto son:
1. Posta en marcha dunha escola de equitación e celebración de concursos de equitación.
2. Realización de rutas a cabalo, sendeirismo, rutas de interpretación medioambiental e do patrimonio, e actividades a cabalo.
3. Ofertar servizos de pupilaxe.
Este proxecto ten unha alta contribución á EDLP do GALP Ría de Pontevedra ao fomentar o aumento do emprego, o crecemento económico, e a diversificación das actividades realizadas polo sector pesqueiro contribuíndo á desestacionalización do turismo, e ofrecendo alternativas de turismo sustentable e de posta en valor do medioambiente.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)