
A Confraría de Pescadores San Roque Portonovo ten un edificio propio no paseo marítimo da localidade con tres plantas, estando a máis alta adicada tradicionalmente a arrendamento para restaurante. Actualmente atópase sen actividade e unha nova empresa promove un negocio de hostalería no que se ofertarán os clientes produtos de alta calidade procedentes do mercado de Portonovo e os desembarcos da lonxa local, con elaboracións e receitas tradicionais que porán en valor a calidade e frescura dos pescados e mariscos ofertados.
O novo restaurante pretende ser un referente de cara á posta en valor da economía pesqueira local e da gran calidade dos produtos pesqueiros e marisqueiros da zona, elevando o grado de coñecemento dos mesmos por parte dos visitantes e contribuíndo á sostibilidade e promoción da actividade pesqueira e a cultura do mar na vila de Portonovo e os seus arredores.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é contribuír ao aumento de valor do produto pesqueiro local a través do seu procesado nun novo negocio de hostaleira na zona portuaria de Portonovo, no que os produtos que se ofrezan ós clientes sexan na súa meirande parte, produtos típicos galegos, e máis concretamente, produtos do mar (pesqueiros e marisqueiros) procedentes dos desembarcos locais do porto de Portonovo.
O desenvolvemento do proxecto busca o aumento de valor, creación de emprego e promoción do autoemprego.
O novo modelo de negocio xerará unha nova necesidade no cliente e polo tanto xerará demanda específica, contribuíndo a dinamización do emprego local e do mecado de desembarcos da lonxa local.
- Creación de emprego local.
- Posta en valor do produto local
- Creación dun novo negocio
- Ampliación de servizos desestacionalizados contribuíndo á diversificación da economía local.
- Ampliación dos servizos turísticos
- Aproveitamento da cultura pesqueira e gastronómica local.
Trátase de un negocio de hostalería no que se ofertarán os clientes produtos de alta calidade procedentes do mercado de Portonovo e os desembarcos da lonxa local, con elaboracións e receitas tradicionais que porán en valor a calidade e frescura dos pescados e mariscos ofertados.
O novo restaurante estará situado no edificio que alberga a sede da Confraría de Pescadores San Roque de Portonovo, e pretende ser un referente de cara á posta en valor da economía pesqueira local e da gran calidade dos produtos pesqueiros e marisqueiros da zona, elevando o grado de coñecemento dos mesmos por parte dos visitantes e contribuíndo á sostibilidade e promoción da actividade pesqueira e a cultura do mar na vila de Portonovo e os seus arredores.
Para elo, levarase a cabo un acondicionamento do local existente, dotándoo de tódolos elementos de cociña necesarios para o seu completo equipamento, así como o do resto do restaurante, que pola súa localización na primeira liña de mar ofertará os seus clientes unha experiencia gastronómica de alta calidade con vistas ó porto pesqueiro de Portonovo.
O novo establecemento integrará a cultura pesqueira da vila de Portonovo na súa decoración, na súa oferta gastronómica e mesmo na súa localización, no centro mesmo da Confraría de Pescadores da vila, poñendo en valor a cultura do mar e ó colectivo de mariñeiros que mesmo subministrarán as capturas que serán ofertadas no restaurante. Incorporarase no proxecto unha piscina de auga salgada na que se exporán os mariscos frescos do día que se poden desgustar, a escoller directamente polo cliente.
Os promotores adquirirán o compromiso de vinculación cos selos de calidade “pescadeRías” e “pescadoartesanal”.
1. Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura
1. 1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)