Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CONSTRUCIÓN DUNHA NAVE QUE PERMITA A IMPLANTACIÓN DUNHA NOVA LIÑA DE NEGOCIO CARA Á UN MAR SEGURO E SOSTIBLE

A idea de negocio de ALINOX MORRAZO é a de continuar coa actividade empresarial iniciada hai máis de 20 anos, e ampliando a súa carteira de clientes cara o sector do mar, de gran importancia para o desenvolvemento económico do concello.

A finalidade do proxecto é crear unhas instalacións diferenciadas da competencia, abarcando unha nova liña de negocio que permita dar resposta ás necesidades do sector do mar.

Actualmente a entidade dispón dunhas instalacións onde leva a cabo a actividade de carpintería metálica, as cales xa non se adaptan á capacidade produtiva da empresa, polo que nelas, non podería levar a cabo esta diversificación da actividade cara o sector do mar e poder ofrecer os servizos de habilitación naval, embarcacións de pesca de baixura, depuradoras, confrarías e hostalaría.

As novas instalacións dotaranse de equipamentos innovadores que melloren as condicións de traballo do equipo de traballadores, permitan reducir custes de fabricación e aumentar a calidade final do produto elaborado: ponte – grua, cizalla hidráulica, máquina soldadura, roscadora neumática e serra de cinta.

Tamén pesou na decisión do GALP Ría de Pontevedra as vantaxes ambientais de trasladar a actividade da empresa dende un núcleo rural onde se localiza actualmente a un polígono empresarial.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 143
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ALINOX MORRAZO, SLU.
Datos de interese: 
http://alinox.es/
Perfil empresarial: 
Empresa
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP)
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
18/08/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
14
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
-
Ámbito de aplicación: 

Bueu

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
604.226,16 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
534.644,71 €
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000,00 €
% Subvención: 
34
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
170.000,00 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
30.000,00 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo do proxecto consiste na diversificación da actividade actual da empresa, para introducir unha nova liña de negocio enfocada ao sector pesqueiro e acuícola que permita garantir un mar seguro e sostible.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Cubrir a demanda do sector, mellora das condicións de traballo, creación e mantemento de postos de traballo, diversificación da economía, prosperación das empresas da zona.

Contribuiremos mediante a diversificación da actividade e a elaboración de produtos/maquinaria/equipos que demanda o sector para exercer a súa actividade, a creación de emprego e o fomento da economía local.

Principais actividades do proxecto: 

Construcción de nave industrial e adquisición de maquinaria que permita poner en marcha unha nova liña de negocio.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura.

Mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor (maquinaria innovadora que facilite as condicións de traballo dos operarios do sector pesqueiro e acuícola).

Aposta polo consumo de proximidade e as prácticas de acuicultura ecolóxica e pesca de baixura sostible.

Obxectivo específico da EDLP: 
-
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)