Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

DESEÑO, CONSTRUCIÓN E PROBAS SISTEMA INTEGRADO SEMENTEIRA E PREPARACIÓN SEDIMENTO: SEMENTaRT

O proxecto desenvolve un sistema integrado para a sementeira e preparación do sedimento, abranguendo o seu deseño, construción e validación. A solución busca optimizar procesos de restauración e mellora ambiental mediante tecnoloxía precisa, equipamento mecánico e ferramentas de monitorización. As probas en condicións reais permiten avaliar o rendemento, eficacia e fiabilidade do sistema

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00059
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Lonxa de Campelo A.I.E
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Entidade privada con áinimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
PE155A - ORDE do 12 dedecembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
20/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
-
Anualidades: 
2026-2027
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Campelo

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
54.824,95€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
54.824,95€
Total axuda pública aprobada (€): 
54.824,95€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
38.377,464€
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
16.447,485€
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo principal do proxecto e incrementar a supervivencia dos individuos sementados tanto no marisqueo a pé coma no marisqueo a flote, procedan de traslados doutra zona ou de semente mercada. Para elo establecerase un procedemento de sementeira desde embarcación que permitirá:

  • Realizar a sementeira e a preparación do terreo nunha única acción simultánea.
  • Sementado directo na zona arada
  • Reparto homoxéneo da semente á densidade preestablecida
  • Menor estres da semente por unha mellor manipulación
  • Redución do número de mariscadores precisos para a actividade
  • Maior ergonomía e menor esforzo físico dos mariscadores
  • Mellor aproveitamento do tempo do barco
  • Incremento da seguridade da tripulación e os mariscadores durante a actividade no barco
  • Redución das emisións de CO2
  • Garantir en tempo real que o procedemento se realiza correctamente
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O principal resultado agardado é incrementar o nivel de fixación e supervivencia dos lotes de ameixa sementados.

Ademais haberá outros resultados secundarios beneficiosos derivados do principal:

  • Aumento da eficiencia nas sementeiras
  • Incremento da densidade de especies de bivalvos comerciais nos bancos
  • Incremento das capturas e ingresos dos mariscadores
  • Descenso dos costes da acción de sementar
  • Corroboración en tempo real da correcta realización da sementeira
  • Liberación de tempo de uso da embarcación para que poda realizar outras tarefas de coidado dos bancos
  • Liberar mariscadores da tarefa de sementar e preparar o sedimento, para adicar a xornada a recoller ameixas nas xornadas de traslados
  • Reducir á pegada de carbono do marisqueo
Principais actividades do proxecto: 

En primeiro lugar haberá que adaptar a embarcación para a acción e a seguridade dos mariscadores que participen. Planéanse dúas acción neste senso:

  • Modificar as tomas de auga que hai na popa, onde se ten que situar a maquinaria e moverse os mariscadores. Estas tomas ocupan un espazo que debe ser liberado e son un perigo para o persoal tal e coma están situadas. Trocaranse por outras menos aparatosas, mellor orientadas e con enganches de seguridade.
  • Dotarase o barco de novas varandas de protección lateral en inox. Para unha maior seguridade, xa que se incrementa a altura actual, se reforzaran e se moverá a súa base da cuberta á parte alta da regala lateral. Evitando así frecuentes enganchóns e tropezos ó arrimarse ós costados do barco.

Na popa do barco situarase unha tolva para o vertido da semente. O concepto e unificar o aporte de ameixa desde un único punto, ter un reparto constante en toda a zona de sementeira e cunha densidade definida e axustable (segundo o rango de saída e a velocidade do barco).

Esta tolva deberá ter:

  • Capacidade de pivotar para absorber o movemento do barco en navegación.
  • Un sistema de regulación de saída adaptado a semente de diferente tamaño (procedente de traslados e compra) que permita decidir a densidade.
  • Tomas de auga para facilitar un arrastre suave e continuo da semente.
  • Deseño o máis ergonómico posible para reducir o esforzo.

As mariscadores a pé e a flote das Confrarías de Pontevedra, Lourizán e Raxó van ser os beneficiarios directos do proxecto

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

 

Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

Protección e recuperación da biodiversidade e ós ecosistemas mariños

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)