Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

EL REMO COMO PATRIMONIO VIVO Y HERRAMIENTA DE INCLUSIÓN SOCIAL EN LA RÍA DE PONTEVEDRA

Adquisición dunha embarcación tipo 2x2 adaptada á categoría PR (para persoas con discapacidade física), co obxectivo de ampliar o acceso ao remo a grupos con maiores dificultades para participar no ámbito náutico-deportivo

 

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00130
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Club de remo Ría de Marín
Datos de interese: 
https://clubderemoriademarin.com/
Perfil empresarial: 
Club deportivo
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
PE155A - ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
09/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
-
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Marín

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
14.839,59 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
14.839,59 €
Total axuda pública aprobada (€): 
14.839,59 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
10.387,71 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
4.451,88 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Obxectivos específicos:

- Facilitar o acceso á práctica do remo a persoas con discapacidade física mediante a incorporación dunha embarcación adaptada (modalidade PR).

- Desenvolver actuacións específicas de inclusión social durante o período de execución do proxecto, promovendo a participación de colectivos con maiores dificultades de acceso ao medio mariño.

- Impulsar accións de divulgación da actividade náutico-deportiva e da vinculación do remo coa cultura mariñeira en centros educativos do municipio.

- Implantar un decálogo interno de boas prácticas ambientais que promova o uso responsable do medio mariño na práctica deportiva.

- Incorporar melloras de xestión dixital que reforcen a eficiencia organizativa e a sustentabilidade interna da entidade.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Co desenvolvemento do proxecto espérase ampliar o acceso á práctica do remo a persoas con discapacidade física mediante a dispoñibilidade dunha embarcación adaptada, favorecendo a súa participación activa no medio mariño.

Preténdese consolidar actuacións de inclusión social no ámbito náutico-deportivo durante o período de execución, reforzando o carácter integrador da entidade.

Así mesmo, prevese incrementar a sensibilización da mocidade respecto da actividade náutica e da vinculación do remo coa cultura mariñeira a través das accións desenvolvidas en centros educativos.

O proxecto contribuirá á implantación de boas prácticas ambientais na actividade deportiva, promovendo un uso responsable do medio mariño.

Igualmente, mellorarase a eficiencia organizativa da entidade mediante a dixitalización da xestión interna do club.

Principais actividades do proxecto: 

1. Adquisición dunha embarcación adaptada da modalidade 2x/2- (PR).A incorporación desta embarcación permitirá ampliar a capacidade operativa da entidade para desenvolver actividades inclusivas no ámbito do remo adaptado, facilitando a participación de persoas con discapacidade física na práctica náutico-deportiva e garantindo a dispoñibilidade dun recurso estable para o desenvolvemento das accións previstas.

2. Desenvolvemento de actuacións específicas de inclusión social. Durante o período de execución do proxecto levaranse a cabo actividades de iniciación e aproximación ao remo dirixidas a persoas con discapacidade física, en colaboración con entidades sociais do territorio, favorecendo a súa integración na práctica deportiva e no medio mariño como espazo de participación e convivencia.

3. Accións de divulgación da actividade náutico-deportiva e da cultura mariñeira. Realizaranse visitas a centros educativos do municipio nas que se explicará o arraigo mariñeiro do remo, a súa evolución histórica e a súa dimensión social, combinadas con demostracións prácticas vinculadas á actividade náutica co fin de achegar esta práctica á mocidade.

4. Implantación dun decálogo interno de boas prácticas ambientais. Elaborarase e aprobarase un documento interno que recolla medidas orientadas á redución de residuos, ao uso responsable do medio mariño e á concienciación ambiental das persoas usuarias da entidade. A súa implantación complementarase cunha sesión formativa dirixida ás persoas socias e participantes nas actividades do club.

5. Implantación dunha ferramenta de xestión dixital. Procederase á adquisición e posta en funcionamento dun software de xestión que permita optimizar os procesos administrativos, económicos e organizativos da entidade, mellorando a coordinación das actividades e reforzando a sustentabilidade interna do proxecto

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 
  • Conseguir que o patrimonio cultural marítimo-pesqueiro sexa recoñecido como sinal de identidade da Ría de Pontevedra
  • Acadar unha zona costeira máis accesible e inclusiva.
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)