
O proxecto consiste nunha acción formativa específica para o sector marisqueiro a pé e a flote, sobre o grave problema que supoñen as algas de arribazón, dando a coñecer novas solucións e sistemas de recollida e os efectos que esta problemática ten sobre o recurso e a xestión da explotación.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Poñer en coñecemento dos mariscadores a pé e a flote o funcionamento do novo sistema de recollida de algas desde embarcación que a Lonxa de Campelo está a desenvolver, incidindo na problemática que as algas de arribazón xeran e destacando a importancia que esta acción ten na xestión do recurso, implicando ao sector de forma activa na xestión do recurso e na promoción de iniciativas innovadoras.
- Facer partícipe ao sector da importancia na redución dos graves danos ocasionados polas algas de arribazón nas zonas de marisqueo.
- Dar a coñecer e formar ao sector marisqueiro nos novos sistemas mecanizados de retirada de algas desde embarcación.
- Dar a coñecer ao sector marisqueiro as causas principais desta problemática, asociada á contaminación e ao cambio climático.
- Elaboración de material formativo e obtención dos medios necesarios para a súa impartición (vídeos, presentación...). -
- Realización dunha charla formativa aberta ao sector marisqueiro das confrarías de Lourizán, Pontevedra e Raxo.
- Elaboración dun resumo sintético e dun pequeno vídeo demostrativo para por a disposición do sector marisqueiro a través de aplicación móbil da Plataforma Xesmar
3. Impulsar e aproveitar o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático, así como contribuír á concienciación cidadá nestes ámbitos
3.1. Fomentar a conciencia ecolóxica e o aproveitamento sostible do patrimonio ambiental das zonas costeiras para as xeracións actuais e futuras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)