Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

GALP Pontevedra volve a asesorar aos promotores de cara á nova convocatoria de axudas de marzo

 

Con motivo da convocatoria de axudas destinadas a proxectos centrados no produto do mar, na dinamización da economía local ou na promoción do patrimonio natural e cultural, o GALP Ría de Pontevedra volve a poñer a disposición dos interesados/as asesoramento para a presentación de proxectos á convocatoria que conta co financiamento do FEMP e da Consellería do Mar.

Todos os particulares, entidades e asociacións que busquen financiamento para a posta en marcha dos seus proxectos nos concellos adscritos ao grupo (Bueu, Marín, Pontevedra, Meaño, Poio e Sanxenxo) recibirán información detallada respecto das contías máximas das axudas, procedementos, criterios de subvencionalidade que deben cumprir ao abeiro da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), etc.

Para máis información, todos os interesados en facer realidade o seu proxecto poderán contactar co GALP Pontevedra a través do teléfono 886 21 30 15 ou 698 180 887 ou enviando un correo electrónico a gacpontevedra@gmail.com