
A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra en reunión celebrada en Marín o 24 de novembro de 2023, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023”.
Esta proposta de Resolución Provisional non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente.
Segundo establece o artigo 20.1 da orde de axudas do 14 de setembro de 2023, outórgase un prazo de alegacións a esta proposta de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Pontevedra e na web. De non existir alegacións, unha vez rematado o prazo, esta proposta elevarase a definitiva.
Nas seguintes ligazóns poden consultarse as resolucións provisionais:
- CERTIFICACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA RESOLUCIÓN PROVISIONAL:
Acordo Xunta Directiva.pdf - ANEXO I PROPOSTA PROVISIONAL PARTIDA ORZAMENTARIA 770 E 780:
Proposta 770 e 780.pdf - ANEXO II PROPOSTA PROVISIONAL PROXECTOS DESESTIMADOS:
Proposta desestimación.pdf - VALORACIÓNS DOS PROXECTOS PRESENTADOS – 770 E 780:
Avaliación proxectos.pdf

