
A Xunta Directiva do GALP RÍA DE PONTEVEDRA seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025, código do procedemento PE155A (DOG nº36 do 21 de febreiro de 2025).
- Certificado de Xunta Directiva de resolución provisional Convocatoria 2025
- Anexo I proposta de resolución provisional de Xunta Directiva
- Anexo II proposta de resolución provisional de Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS
- Anexo III Avaliación
Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos das partidas orzamentarias 770, 780 e 760, así como os desestimados/inadmitidos e a lista de reserva da Convocatoria 2025, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para as partidas orzamentarias 770, 780 e 760 para esta convocatoria 2025. Outórgase un prazo de alegacións de 10 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Pontevedra e na web galp.xunta.gal, rematando o prazo de presentación de alegacións 19 de maio de 2025. En caso de non presentarse alegacións esta proposta convértese en DEFINITIVA

