
Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALPs) de Galicia promoven e poñen en marcha unha nova iniciativa denominada Relevo Xeracional: O Futuro do Mar.
Trátase dun proxecto colectivo dos 8 GALPS galegos co apoio da Consellería do Mar e do FEMPA, destinado a garantir o relevo xeracional e fortalecer o vínculo entre a formación e o sector pesqueiro da nosa comunidade. O proxecto desenvolverase durante as anualidades 2025 – 2026, concretamente ata novembro de 2026.
O proxecto busca promover o coñecemento e consolidación da Formación Profesional Dual así como impulsar a FP Dual no sector marítimo-pesqueiro de Galicia, como estratexia para facilitar o relevo xeracional, mellorar a empregabilidade da mocidade e reforzar a sostibilidade do modelo produtivo galego.
Ao longo de 2025 e 2026 desenvolveranse accións en todo o litoral galego, como por exemplo as que seguen, dirixidas a centros educativos:
- Sesións informativas e visitas a centros educativos.
- Visitas a centros e instalacións marítimo-pesqueiras.
- Embarques e experiencias reais para o alumnado.
- Participación na feira educativa EDUGAL.
Unha das actuacións principais, dirixida a toda a sociedade pero de xeito especifico ao sector da pesca, concretamente armadores, e na que nos gustaría contar con vós de xeito especial será a XORNADA INFORMATIVA SOBRE A FP DUAL que terá lugar no primeiro semestre do 2026. Nela explicaranse os pasos para saber como acoller alumnado en prácticas e como beneficiarse deste proceso, coa participación de expertos e entidades do sector.
O Acto oficial de presentación do proxecto Relevo Xeracional: O Futuro do Mar terá lugar o:
- Mércores, 10 de decembro de 2025.
- Ás 17:00 h.
- Sala Eisenman – Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
Durante o evento presentaranse os obxectivos e accións do proxecto, así como as oportunidades de participación para o sector, os centros educativos e a sociedade.
Contaremos coa presenza de representantes institucionais, profesionais do mar e entidades colaboradoras. Haberá un petisco de produtos do mar de cada territorio GALP.
A xornada poderase seguir en directo na seguinte ligazón.

