Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Resolución Definitiva de concesión de Axudas GALP Pontevedra – 1ª convocatoria 2020

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra, en reunión celebrada o 18 de xuño de 2020 en Bueu, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018" pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”. Esta resolución foi publicada na mesma data na web galp.xunta.gal e no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Pontevedra.

Na data do 19 de xuño, advertidos erros na proposta provisional o GALP Ría de Pontevedra publicou unha rectificación da mesma nos mesmos lugares antes sinalados.

Transcorrido o prazo de cinco días hábiles para a presentación de alegacións, a Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra en reunión mantida na data do 30 de xuño, eleva a público a proposta definitiva de aprobación de proxectos produtivos e non produtivos así coma os desestimados para a convocatoria MARZO – 2020.

Nos seguintes enlaces poden consultarse as resolucións definitivas:

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA

PROPOSTA DEFINITIVA DE PROXECTOS APROBADOS

PROPOSTA DEFINITIVA DE PROXECTOS DESESTIMADOS

Esta proposta de resolución definitiva da Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 1ª - 2020 non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta 1ª fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2020.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.