Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Actividades nos centros de saúde de A Guarda, Baiona e Cangas

Os vindeiros días levaranse a cabo diversas actividades dentro do proxecto de cooperación "Pesca saúde" no territorio GALP Ría de Vigo - A Guarda.

Nesta ocasión, nos centros de saúde, sendo punto de información e orientación de alimentación saudable. Especialistas informarán sobre os beneficios dos produtos do mar e as súas propiedades nutricionais mediante a proxección dun vÍdeo e a entrega de receitarios e guias prácticas. 

Asimesmo os presentes poderán degustar receitas con produtos frescos do mar elaboradas por profesionais da restauración nunha "foodbike".

Nestas citas tamén se repartirán cheques por importe de 5€ para mercar produto pesqueiro fresco nos establecementos adheridos a campaña dos mercados de abastos locais. Ademáis ata o 30 de xuño, coas compras de produtos pesqueiros frescos nos establecementos adheridos pódese participar nun sorteo dunha desgustación para dúas persoas.

As xornadas realizaranse en A Guarda o día 4 de maio, en Baiona o 5 de maio e en Cangas o 6 de maio.