
CAMPAÑA #QUEDACONOSOMAR |
Juan Manuel Gregorio Vaqueiro. Presidente do GALP Ría de Vigo – A Guarda. Patrón Maior da Confraría de pescadores “San Cipriano” de Aldán - Hío
Juan Manuel Gregorio pon de manifesto que ante os novos tempos que estamos a vivir e os que se aveciñan, os cambios na forma de pescar, comercializar, etc. serán primordiais. “Temos en fronte un gran reto: chegar aos fogares, sensibilizar e convencer á cidadanía de que o consumo dos nosos peixes e mariscos é imprescindible para a nosa supervivencia, e polo tanto, do noso país, xa que o sector pesqueiro ten unha alta relevancia na comunidade.
Consumir produto local é un “tópico”, pero que nestes momentos antóllase esencial para a xente do mar (ademais do valor engadido que supón a menor pegada de carbono que entraña a compra destes produtos). A solidariedade co noso sector é fundamental, xa que co peche da hostalaría e a restauración, as ventas de peixe fresco e marisco vese reducida nunha alta porcentaxe. Por isto pedimos a colaboración dos nosos veciños, apoiando ao noso sector mercando os nosos produtos, garantía de frescura e calidade”.

