luns, 13 de Abril de 2026 - 01:04

O día 5 de febreiro, asinaronse as addendas aos convenios de colaboración da Xunta cos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) o que supón estender o financiamento ao funcionamento destas entidades ata o 2029.
Con esta addenda prorrogase a actividade dos GALP como axentes tramitadores das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.
Na firma estiveron presentes por parte da Xunta, a conselleira do mar, Marta Villaverde e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Ángeles V. Suárez. Por parte do GALP Ría de Vigo - A Guarda, asistiron á firma o presidente, Juan Manuel Gregorio, e a xerente, Elena Herbello.

