
Revalorización do "Espazo natural Punta Balea" dotando a instalación do edificio da Congorza como observatorio ambiental e punto de interpretación do medio. Dotación para ser punto auxiliar da Rede de Varamentos de Galicia.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Acción 1.- Deseño e instalación de exposición interactiva. Deseño e instalación de contidos e ideas forza para a realización dunha exposición instalada na aula do edificio da Congorza, sobre o espazo natural litoral de Punta balea.
Acción 2.- Dotación e instalación de unidade de asistencia á Rede de Varamentos e UCI auxiliar. Adquisición de mesa para necropsias de aceiro. Dúas cántaras con filtro externo e quentadores para adecuar a temperatura. Bomba de auga e mangueira para recoller auga mariña dende a praia.
Acción 3.- Deseño e realización de material audiovisual en formato vídeo sobre o Espazo Natural de Punta Balea e o papel ecolóxico dos cetáceos. Deseño de guión, gravacións de localizacións, gravacións submarinas nas áreas ambientais relacionadas co Espazo Natural de Punta Balea, as factorías e actividades baleeiras como impacto sobre o medio mariño, avaliación do estado ambiental das áreas contiguas e revalorización do valor ambiental dos cetáceos, e en concreto das baleas, a súa recuperación e interese social actual.
Acción 4.- Deseño e realización de actividades complementarias de divulgación e promoción para público en xeral. Exposición de fotografías en entidades ou locais periféricos. Exposicións defotografías e acto de presentación. Actividade formativo-divulgativa marítima, rota marítima no barco Evangelina, simultaneada con rotas terrestres. Actividade formativo-divulgativa sobre simulacro de rescate, actividades na praia da Congorza. Actividade formativo-divulgativa sobre mergullo, actividades nas praias e mellores localizacións rochosas do Espazo Natural.
Acción 5.- Dotación de maqueta realista dun golfiño, como complemento á exposición e complemento ás actividades de simulacro de rescate.
Acción 6.- Creación dun banco documental como base ao observatorio ambiental do espazo natural, accesible on line. Recompilación de traballos e documentos escritos e gráficos, cos cales constituír o xérmolo dun banco documental como base ao observatorio ambiental do espazo natural, que poida estar accesible on line dende a plataforma establecida.
OE3: Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo as operacións de mitigación do cambio climático.
3.2. Posta en valor do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

