
Do 3 ao 7 de outubro representantes dos GALP Ria de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo – A Guarda, realizaron unha visita de estudio ao GALP de Costa Brava, co obxectivo de coñecer o traballo desenvolvido por outros GALP, valorar a súa extrapolación ao territorio cara posibles proxectos, contactar con representantes de distintos grupos, intercambiar coñecementos cos promotores dos proxectos e cos representantes dos grupos.
As persoas que participaron por parte do GALP Ría de Vigo – A Guarda neste intercambio foron representantes das Confrarías de pescadores de Aldán - Hío, Cangas, Redondela e Arcade, así coma a xerencia do GALP Ría de Vigo - A Guarda.
Visitouse o Museo da Pesca e Espai del Peix. Realizouse unha reunión con representantes da Confraría de pescadores de Palamós e visitouse a súa lonxa.
Tivo lugar unha reunión con representantes da Confraría de pescadores de Llança, e visitouse o pobo de Llança e o seu camiño de Ronda.
Realizouse unha reunión con representantes da Confraría de pescadores de Roses e visitouse a planta de Roses Planta Envasat, S.L.
Por último visitáronse as Ruïnes d´Empuries.

