Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Intercambio de experiencias co GALP Ría de Arousa

O día 19 de novembro representantes da mesa de organizacións profesionais do sector produtivo realizaron unha visita a proxectos aprobados no GALP Ría de Arousa.

Na empresa "Mariscos Camino" de Boiro visitouse a liña de produción para comercialización de mariscos danados. "Benboa" é un restaurante mariñeiro en Corrubedo con cetaria e liña de venta de produtos transformados. O proxecto "R de Lorenzo" en Vilagarcía consistiu na modernización dunha empresa de cordeeira, redes e utensilios de acuicultura.  En Cambados visitouse "Porto de Cambados" no que se leva a cabo o proceso de evisceración da vieira. Antes o realizaba unha empresa e agora faise cargo a propia Confraría de pescadores.