Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PERCEVAL-Valorización tecnolóxica de fracción morfolóxica de percebe con menor valorización comercial mediante desenvolvemento preindustrial de produto alimentario mariño innovador

O proxecto PERCEVAL ten como finalidade o desenvolvemento tecnolóxico e a validación preindustrial dun produto alimentario transformado a partir de percebe procedente de fraccións morfolóxicas con menor valorización comercial en fresco, obtidas no marco de actuacións de ordenación do recurso contempladas nos plans de explotación aprobados pola administración competente.

Datos xerais
Acrónimo: 
PERCEVAL
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de pescadores "San Xosé" de Cangas
Datos de interese: 
https://www.lonxasgalegas40.gal/cangas/es
Perfil empresarial: 
A Cofradía de Pescadores "San Xosé" de Cangas é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses de profesionais do sector pesqueiro e actúa a vez como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na sua estructura interna e funcionamento.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
11/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Cangas

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
13.391,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
13.391,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
13.391,00€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
9.737,70€
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
4.017,30
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
Obxectivo xeral: Desenvolver e validar a escala preindustrial un produto alimentario transformado a partir de percebe procedente de fraccións con menor valorización comercial, cunha formulación na que o propio recurso constitúe a base estrutural maioritaria da matriz, xerando coñecemento técnico transferible ao sector transformador.
 
Obxectivos específicos: Caracterizar o comportamento tecnolóxico da carne de percebe; optimizar formulacións con alta proporción de proteína de crustáceo reducindo proteínas externas; avaliar estabilidade estrutural e control de exudado; definir parámetros de proceso reproducibles; validar analítica e sensorialmente o produto; comprobar a súa viabilidade en contorna preindustrial; e elaborar documentación técnica para a transferencia sectorial.
 
Salientar o aproveitamento dun produto infravalorado, que se desbota por carecer de interese comercial na venda en fresco, que vai permitir incrementar beneficios ao sector extractivo.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Agárdase obter un prototipo validado de produto transformado a partir de fraccións de percebe con menor valorización comercial, cunha formulación na que o recurso actúa como base estrutural maioritaria.

Definiranse parámetros de proceso reproducibles (mestura, homoxeneización, tratamento térmico e conservación) e datos sobre estabilidade estrutural e control de exudado en matrices ricas en proteína de crustáceo.

Reducirase o uso de proteínas exóxenas, limitando alérxenos adicionais.

Elaborarase documentación técnica, perfís nutricionais e mostras demostrativas, xerando coñecemento transferible á industria transformadora e reforzando a valorización sostible do recurso e a cadea de valor da pesqueira local.

 

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto estrutúrase en actividades de desenvolvemento técnico, validación preindustrial e transferencia sectorial.

Fase 1: Desenvolvemento técnico e validación preliminar (CIFP Cororso) .Nesta fase realízase o desenvolvemento experimental a pequena escala, orientado á selección das formulacións máis viables desde o punto de vista tecnolóxico, estrutural, sensorial e hixiénico-sanitario.

Fase 2: Transferencia e validación preindustrial (Planta de transformación). Nesta fase avalíase o comportamento das formulacións seleccionadas en condicións reais de planta, trasladando o coñecemento xerado a pequena  escala a unha contorna produtiva preindustrial. Esta etapa é clave para verificar a viabilidade tecnolóxica real dunha matriz cunha elevada proporción de proteína de crustáceo, así como a súa reproducibilidade en equipos industriais.
A execución realizase nunha planta conserveira situada na contorna próxima ás zonas de extracción, o que favorece a redución de desprazamentos e unha menor pegada de carbono asociada ao transporte da materia prima, en coherencia cos principios de eficiencia e sustentabilidade que inspiran o proxecto.
 
Fase 3: Validación técnica, analítica e precomercial. Unha vez definido o produto e validado o proceso a escala preindustrial, realizaranse os estudos necesarios para a súa implantación industrial, consolidando a seguridade alimentaria, a estabilidade do produto, a súa caracterización técnica e a súa preparación para a transferencia ao mercado.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

O.E.1: Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Incrementar o valor engadido dos produtos da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)