Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Moaña , un mar de mulleres

O Proxecto “Moaña, un mar de mulleres” é un proxecto de recuperación e documentación do patrimonio inmaterial da zona costeira do municipio de Moaña vencellado ao mar, aos seus oficios e ás mulleres. As mulleres cumpriron tradicionalmente un papel fundamental no desenvolvemento das comunidades costeiras, e foron as que desenvolveron determinados oficios do sector pesqueiro como o marisqueo a pé ou a confección e reparación de redes, entre outros. A pesar disto, estas mulleres non foron protagonistas na súa época, senón que desenvolveron a súa actividade dende o anonimato nun mundo maioritariamente rexido e gobernado polo home. Cumpre recoller de xeito documental e audiovisual o testemuño e a memoria das mulleres que viviron ese tempo e traballaron nos oficios do mar; das avoas que aínda viven e que atesoran nas súas lembranzas a realidade dunha época pasada chea de dificultades para unha muller nun mundo, o do mar, moi duro e onde o home era o que tomaba as decisións. Así mesmo é de gran relavancia social contrastar este testemuño coa experiencia actual das mulleres que hoxe traballan no mar en Moaña. Varias xeracións con experiencias moi distintas que conversan sobre o sector, o que foi, o que é hoxe e como o viviron

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Moaña
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2022
Data de aprobación: 
13/06/2022
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
2022
Data fin de execución: 
30/09/2022
Ámbito de aplicación: 

Moaña

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
18.142,74 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
18.142,74 €
Total axuda pública aprobada (€): 
16.328,47 €
% Subvención: 
90%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
13.879,20 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
2.449,27€
CA (%): 
15 %
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Recoller e poñer en valor o patrimonio inmaterial ligado as actividades relacionadas co sector pesqueiro levadas a cabo por mulleres no territorio de actuación do proxecto, favorecendo a visibilización das mulleres no sector e a súa contribución o desenvolvemento do mesmo e achegando a sociedade a importancia do patrimonio pesqueiro da zona.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O concello de Moaña conta cunha gran tradición pesqueira que ten en moitos casos (mariscadoras, redeiras, ect.) o traballo desenvolvido por mulleres como protagonista. Con este proxecto se pretende recoller, poñer en valor e difundir as testemuñas destas mulleres relacionadas coa historia e desenvolvemento do sector pesqueiro no Concello co fin de preservalo e dalo a coñece entre a cidadanía. Os resultados que se prevén coa implantación son a creación dun arquivo audiovisual e a súa difusión entre a cidadanía a vez que se fomenta o coñecemento do sector pesqueiro. Os resultados esperados do proxecto son os seguintes:

-1 miniserie documental con 5 capitulos protagonizados por 5 mulleres con vinculación co sector pesqueiro cunha duración aproximada de 15 minutos cada un

- 2 eventos de proxección públicos

- 3 impactos de prensa, mediante notas de prensa.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto consiste na realización completa dunha mini-serie documental de 5 capítulos de alomenos 15 minutos, cada un deles centrado na memoria e lembranzas dunha muller de idade que conserve facultades e memoria e poida dar testemuño da realidade que se viviu naquela época. Así mesmo buscarase a participación en cada peza dunha muller nova que traballe na actualidade nunha actividade do sector similar á da muller protagonista, co obxectivo de contrastar e poñer en común as diferentes experiencias e vivencias destas mulleres. O obxectivo deste proxecto é recoller e documentar o patrimonio inmaterial da realidade do sector pesqueiro para as mulleres na primeira metade do século XX, visibilizar o seu papel na historia, reivindicar á súa importancia e dar a coñecer ás dificultades ás que se enfrontaron e os avances que acadaron. Estes avances acadados no tempo esperase que se fagan patentes dun xeito orgánico grazas ao contraste do pasado co presente, na voz de dúas mulleres de xeracións diferentes en cada capítulo. 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

4: O fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras como elemento para reforzar a identidade territorial, e o patrimonio cultural, pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1: Aumentar a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio pesqueiro da zona

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)