
O día 24 de agosto de 2023, representantes do GALP Golfo Ártabro Norte, realizaron unha visita de estudio ao GALP Ría de Vigo – A Guarda, co obxectivo de coñecer o traballo do noso territorio.
Participaron representantes das Confrarías de pescadores de Miño, Ferrol, Mugardos, Pontedeume e Mugardos.
A visita comezou cunha xuntanza de representantes do GALP Golfo Ártabro Norte e o Patrón Maior da Confraría de pescadores “Virxe do Carme ” de Arcade, na que se amosaron diferentes proxectos financiados polo GALP7 (instalación de pozo para mellora da calidade da auga, refrixeración das piscinas das anguías).
A continuación tivo lugar unha reunión na sala da Federación provincial de confrarías de pescadores de Pontevedra (Arcade, Soutomaior). Nela explicouse o funcionamento do marisqueo na Ría de Vigo, así coma a subhasta no Porto de Vigo.
Os representantes do GALP Golfo Ártabro Norte estiveron presentes na subhasta de marisco do Porto de Vigo
A visita rematou cunha reunión co Patrón Maior da Confraría de pescadores “San Francisco” de Vigo, na que lles explicou como foi a organización da venta conxunta de marisco no Porto de Vigo.