Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Pesca Saúde: Beneficios do consumo de peixe na saúde feminina

O 24 de abril tivo lugar no salón de plenos do Concello de Moaña, unha xornada de concienciación sobre o impacto do consumo de peixe fresco na saúde.

A conferencia, impartida pola experta en nutrición Sara Rivas, informou sobre os beneficios do consumo de peixe fresco na saúde feminina.

Esta actividade encádrase dentro do proxecto de colaboración "Pesca Saúde", impulsado polos GALPs galegos, que tenta promover hábitos de vida saudables mediante o consumo de produtos pesqueiros.