Reconversión dun antigo taller de barcos actualmente en desuso situado no peirao de Arcade, nun espazo de degustación de produtos pesqueiros vinculado a actividade marítimo - pesqueira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Recuperar e acondicionar o antigo taller do porto de Arcade como espazo de degustación de produtos do mar.
- Promover o consumo de produtos locais, priorizando os procedentes da lonxa.
- Facilitar ás persoas profesionais do sector pesqueiro información práctica para o seu traballo mediante pantallas con datos actualizados.
- Contribuir a consolidar a imaxe de Arcade como territorio vinculado á ostra e a tradición mariñeira.
- Amosar o procedemento que seguen os peixes e mariscos dende a súa extracción ata o consumo final, axudando a comprender o esforzo e o traballo do mar.
- Reforzar a relación directa entre produtores e consumidores ao confluir no mesmo espazo.
- Desenvolver o proxecto en colaboración co concello e a confraría de Arcade, apoiando a promoción do produto local e a conservación da memoria histórica do porto.
O proxecto permitirá recuperar e por novamente en uso un inmoble do peirao, reforzando o seu papel como espazo activo para a economía local. Xerarase emprego directo e abrirarse unha canle estable de promoción e consumo para o produto procedente da lonxa.
Visitantes e clientes mellorarán o seu coñecemento sobre a orixe e o valor do traballo do mar. A colaboración co Concello de Soutomaior e a Confraría de pescadores "Virxe do Carme" de Arcade, contribuirá a consolidar a identidade mariñeira de Arcade e dinamizar o conxunto do porto.
- Obras de acondicionamento do local, para crear un espazo de degustación de produtos do mar.
- Adquisición de equipamento e implantación de recursos dixitais. Instalación de pantallas informativas que ofrecerán datos de utilidade para profesionais do mar (estado das mareas, vedas, normativas e avisos relevantes) e para visitantes (proxeción de contidos audiovisuais amosando o percorrido do produto dende a súa extracción ata o consumo).
- Promoción do produto local (especialmente da ostra)
OE2: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas devanditas zonas.
2.1. Mellorar a competitividade dos sectores tradicionais da economía azul, como son a pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura, a través da colaboración con outras actividades vinculadas a ela
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

