
O día 13 de xuño, a xerencia do GALP7 participou nunha xornada do Proxecto CoBlue organizada pola Universidade de Vigo no Edificio de Redeiras do Berbés. O obxectivo de esta xornada, encadrada dentro do Foro eólica mariña Galicia, foi a definición de medidas, acordos au mecanismos para garantir que a implementación da eólica mariña lévase a cabo seguindo os principios ORRI.
A Unión Europea propúxose liderar a transición a unha economía azul, xusta e sostible, en sintonía cos obxectivos do Novo Pacto Verde Europeo e a Axenda 2030. En concreto busca integrar o desenvolvemento económico, a xustiza social e a sostibilidade ambiental a través da Misión Europea "Restore our Ocean and Water". Nela, destaca a ineficacia das políticas de sostibilidade actuais e apunta cara a participación cidadá como a causa principal.
A falta de participación cidadá afecta a temas tan relevantes coma a reducción da percepción dos riscos, a falta de corresponsabilidade, a baixa eficacia da solucións propostas, a falta de lexitimidade dos cambios necesarios e a resistencia social.
O marco da ORRI está deseñado para evitar que a implementación de políticas de transición ecolóxica e a posta en marcha de iniciativas sostibles resulten ineficaces.


