venres, 28 de Abril de 2017 - 11:04

Durante o segundo trimestre de 2017 realizáronse varias xornadas de difusión da EDLP e orde de axudas e sensibilización medioambiental:
O día 28 de abril celebrouse unha xornada de presentación de axudas e sensibilización ambiental no Museo da Navegación de Baiona.
O día 17 de maio proxectouse o documental “Un mar de mulleres” no Centro Cultural de Bahiña (Baiona). Os asistentes puideron ver a exposición fotográfica “Un mar de mulleres”
O día 19 de maio presentouse a EDLP e a orde de axudas ás persoas que participan en EMPREAMAR, en Moaña.
O día 2 de xuño celebrouse unha xornada de presentación de axudas e sensibilización ambiental en Cangas.
O día 29 de xuño celebrouse unha xornada de presentación de axudas e sensibilización ambiental en Vilaboa.

