Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Empresas como Pescados e Mariscos Pepa do GALP A Mariña-Ortegal súmanse á campaña #QuedaCoNosoMar #QuedaConNuestroMar

 

Jaime Méndez García, Xerente do Grupo Pescados y Mariscos Pepa (Burela)

 

“A xente sabe que seguimos traballando a pesar do estado de alarma e iso fai que aínda valore máis o produto do mar”

Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afrontades esta situación?

Notouse bastante a caída do consumo e venda, tanto no porto como na cetárea. Na cetárea estamos case a cero, porque é sobre todo un servizo para restauración e este sector está pechado. O noso segmento de pedidos de marisco a domicilio está no 15%-20% de actividade. Respecto ao eido maiorista, a situación é similar. Neste sentido, vendemos a algunha peixería e supermercado, pero nada que ver coa situación normal.

En que nivel de facturación e actividade estades agora respecto á situación habitual?  

Estamos en torno a un 45%-50% da nos facturación habitual.

Por que é importante consumir produtos do mar?

Creo que a xente, cando vai ao supermercado, segue comprando peixe. Sabe que é básico e indispensable para a súa dieta. Ademais, considero que valoran un pouco máis o produto sabendo que seguimos traballando a pesar desta situación e iso é un punto a favor. Cando ven que seguimos traballando, danse conta de que é un produto a valorar e queren demostralo cando van ao supermercado.