Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mapa

A zona pesqueira correspóndese con toda a franxa setentrional galega. O territorio enmárcase entre o mar Cantábrico, a costa ártabra coruñesa e as ramificacións do norte das aliñacións montañosas das serras orientais e setentrionais galegas. Ocupa toda a franxa litoral cantábrica galega e o comezo da vertente atlántica ata o límite coa comarca de Ferrol. En certa medida as serras que se sitúan ao sur (Cadeira, Pousadoiro, Carracedo, Lourenzá, A Toxiza, O Xistral, Montalén e a terminación meridional da Faladoira) confírenlle un certo illamento, pois separa esta zona do resto de comarcas (A Fonsagrada, Meira, Terra Chá e O Eume).

Os concellos que forman este grupo son: Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo.