- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
- Obxectivo específico 1.1: Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal
- Obxectivo específico 1.1: Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
- Obxectivo específico 2.1: Conseguir un modelo organizativo e innovador de desenvolvemento do sector pesqueiro na Mariña-Ortegal que garanta unha pesca e un aproveitamento sostible dos recursos mariños.
- Obxectivo específico 2.2: Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio da Mariña-Ortegal.
Obxectivo específico 2.3: Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial, destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo específico 3.1: Dotarse de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
Obxectivo específico 4.1: Aumentar o patrimonio marítimo costeiro recuperado e posto en valor.
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5: Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Obxectivo específico 5.1: Poñer en práctica mecanismos de participación na xestión e no desenvolvemento do programa de axudas.
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 6: Fomento da cooperación.
- Obxectivo específico 6.1: Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.