O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Mariña-Ortegal ten un total de 47 entidades socias, das cales case o 40% pertence ao sector pesqueiro, mentres que o sector público representa o 27, 7%. O sector social e o sector económico contan co mesmo número de entidades, 8.
As entidades socias do GALP agrupan un total de 2865 persoas socias, unha cantidade moi significativa da poboación, 3,4% do total. Se tomamos en conta as entidades do sector pesqueiro, agrupan un total de 1408 persoas, o que representa o 69,6% da poboación traballadora no sector do mar.
Na Xunta Directiva do GALP hai 16 homes e 14 mulleres, case paritaria, mentres que no caso da asemblea as mulleres representan o 38,3% fronte ao 61,7% de homes. A presenza das mulleres na Xunta Directiva e, sobre todo, na Asemblea é máis alta dentro das entidades do sector pesqueiro.
A continuación amósanse as entidades socias: