Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Descrición

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (en adiante, GALP) A Mariña–Ortegal é unha asociación sen ánimo de lucro constituída ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e da normativa de aplicación do Estado e da Comunidade Autónoma.

As EDLP concibidas e postas en práctica polos grupos de acción local do sector pesqueiro son o principal instrumento para o logro da prioridade cuarta da UE de aumentar o emprego e a cohesión territorial mediante o obxectivo específico seguinte:

O fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e á mobilidade laboral nas comunidades pesqueiras e acuícolas, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal elaborou unha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) para o período de programación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, que foi aprobada pola Consellería do Mar.

O GALP é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar na dobre vertente de axente de desenvolvemento na aplicación da EDLP da zona pesqueira, e na xestión e o control das axudas que se tramiten para o desenvolvemento da devandita estratexia.