
Este proxecto consiste nun conxunto de actividades dirixido a aumentar a concienciación sobre a importancia da tradición da recollida de berberechos na zona e mellorar a imaxe do produto. Ademais, estas actividades aportan valor engadido a un produto concreto, o berberecho, e inician a diversificación das actividades das mariscadoras a través do turismo, a formación e a promoción do produto.
Máis información en: https://webgate.ec.europa.eu/fpfis/cms/farnet/sites/default/files/docume...
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Concienciar á comunidade sobre a importancia da tradición da recollida do berberecho na zona e as súas implicacións.
Dar a coñecer o produto entre a poboación e os distribuídores locais (restaurantes, hoteles, tendas, etc.).
Aumentar o valor engadido do produto mediante a venta directta e o desenvolvemento de novas formas de envasado e presentación.
Equipar as súas instalacións para habilitar sesións de degustación e presentación.
A agrupación vende agora directamente a catro restaurantes da zona e a algúns particulares, o que lle permite aumentar os seus ingresos.
Organizáronse 15 xornadas de clases de cociña e sesións de degustación.
Mercar unha pequena camioneta frigorífica para transportar os berberechos nas condicións axeitadas ao centro na que se instalou a depuradora.
Para promocionar os berberechos, a agrupación organizou sesións de formación para cociñeiros locais impartidas polo coñecido chef D. Miguel García Silvarredonda.
Doutra banda, as mariscadoras do berberecho seguiron un curso de fabricación de envases.
Seguidamente, a agrupación ocupouse do material de promoción (DVD, carteis, libro...).
Por último, equipouse o centro cos medios básicos para coller visitantes.
Engadir valor aos produtos pesqueiros
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)