Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Morada Atlántica + Espazo Atlántico

Un dos principais propósitos do espazo atlántico é converter en oportunidades económicas os componentes identitarios e de singularidade común dos territorios que o compoñen. Coa posta en marcha do proxecto Morada Atlántica +. Espazo Atlántico trátase de constituír unha entidade atlántica que defina as condicións nas que se pode agrupar unha serie de produtos diferenciadores e propios destas rexións (gastronomía e cultura mariñeira) que se asocien cun territorio singular e común, a unha cultura produtora común e unhas condicións climáticas, tamén comúns. O traballo conxunto permite por en valor aspectos tales como a obtención dos productos do mar, aspecto muy similar en todos os territorios do arco atlántico, contribuíndo por tanto a manter un patrimonio cultural e natural e que goza das maiores garantías en trazabilidade e de hixiene sanitaria.

 

O proxecto Morada Atlántica +. Espazo Atlántico nace co obxecto de dar un forte impulso a oferta turística atlántica, pretende configurar produtos turísticos que exploten o atractivo común e o valor engadido das diferenzas culturais integradas nun mesmo espazo. Para iso, se traballará en potenciar fórmulas apropiadas para comercializar e promocionar adecuadamente productos turísticos vinculados a singuliradade cultural das zonas atlánticas.

 

Un dos principais retos a alcanzar, a través da colaboración entre os territorios que compoñen o espazo atlántico esta en incrementar o número de visitantes a través do desenvolvemento de novos produtos turísticos que teñan como denominador común a gastronomía, permitindo diversificar e desestacionalizar a oferta turística e aproveitando as sinerxías existentes entre os diferentes territorios que o compoñen.  Desde Morada Atlántico +. Espazo Atlántico potenciaremos este fito a través da posta en valor da cociña atlántica e o intercambio de fondos museísiticos entre espazos museísticos do arco atlántico. Impulsando así un mercado turístico no que cada vez ten maior importancia á esfera emocional e relacional das experiencias turísticas (os turistas actuais demandan sensacións únicas e exclusivas e identifícanse como consumidores multiformes e plurisensoriales).

 

Como idea central no proxecto Morada Atlántica +. Espazo Atlántico búscarase poñer en valor desde as receitas tradicionais aos produtos locais, produtos de Denominación de Orixe, Cociña Km 0, ect, que comprenderá non so o conxunto de alimentos ou pratos típicos dun territorio, senón que abarcará un concepto moito máis amplo no que se incluirán os costumes alimentarios, as tradicións,os procesos, as persoas e os estilos de vida que se definen o redor da mesas. Todo esto será acompañado e adecerado coa posta en valor da cultura e tradicción mariñeira ligada a pesca destes produtos.

 

Ademais, a maiores dos retos anteriormente comentados, o proxecto Morada Atlántica + Espazo Atlántico, pretende facer fronte os seguintes retos turísticos común dos territorios do espazo atlántico:

 

  • Promover o desenvolvemento económico, a inclusión social e a creación de emprego no sector turístico.

  • Poñer en valor e usar turisticamente a importante rede de patrimonio etnográfico, cultural, paisaxístico e ambiental, utilizando como elemento vertebrador os recursos gastronómicos dos territorios implicados.

  • Intensificar as relacións entre as poboacións do espazo atlántico a través da cultura, a paisaxe e a gastronomía.

  • Protexer, mellorar e difundir o rico patrimonio natural, urbano e cultural do espazo atlántico.

  • Profundar na investigación e o coñecemento da cultura. O proxecto debe continuar na liña de investigación e coñecemento da cultura mariñeira do espazo atlántico.

  • Desenvolver unha actividade turística integrada e planificada, entendendo a integración como a suma sinérxica e articulada dos recursos, servizos e oferta turística existentes nas rexións que compoñen este territorio.

  • Desenvolver unha actividade turística sustentable que integre os valores medioambientais na súa planificación, entendendo que as tres dimensións da sustentabilidade ambiental, económica e social son clave para o desenvolvemento futuro.

  • Desenvolver unha actividade turística participativa na que os diferentes axentes do territorio deseñen paquetes e produtos turísticos que axuden a incrementar as estancias en aloxamentos turísticos.

  • Desenvolver unha actividade turística accesible, isto é, con accesibilidade aos contidos e á información, e adaptabilidade aos usuarios en función dos seus gustos e intereses e considerando as diferentes tipoloxías de turistas nos seus aspectos culturais e idiomáticos.

  • Desenvolver unha actividade turística creativa e adaptada á nova realidade, onde as persoas están conectadas a través das TIC e valoran as opinións doutros usuarios.

  • Desenvolver unha actividade turística proporcionada e equilibrada. Este equilibrio verificarase tanto no tempo como no espazo. O equilibrio no tempo implica incorporar e propoñer accións que nos permitan alcanzar uns maiores índices nas estancias e unha menor estacionalidade. O equilibrio no espazo evita a concentración de programación en determinados núcleos de poboación e períodos de tempo.

  • Desenvolver unha actividade turística impulsada por un proceso de mellora da calidade e a excelencia, calidade e excelencia reflectidas no destino e nos produtos, nos servizos e as actividades turísticas, que permitan ao final do proceso a consecución duns estándares que sitúen positivamente o territorio e os produtos turísticos xerados nel dentro dun mercado cada vez máis esixente e competitivo.

Consolidar e avanzar na difusión da cultura

Datos xerais
Acrónimo: 
MORADA ATLANTICA +
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP COSTA DA MORTE, GALP A MARIÑA-ORTEGAL, GALP GOLFO ARTABRO NORTE, GALP GOLFO ARTABRO SUR, GALP COSTA SOSTIBLE, GALP RIA DE AROUSA, GALP RIA DE PONTEVEDRA, GALP RIA DE VIGO- A AGUARDA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
ASOCIACIÓNS, GAPLS
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 3 de agosto de 2016 da Consellería do Mar (DOG nº 166, do 02.09.2016)
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
08/06/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
16
Anualidades: 
2018-2019
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Localización xeral.

Toda a costa atlántica de Galicia entre Ribadeo e A Guarda que conforman os GALPs galegos. Tendo presente que o proxecto Morada Atlántica + Espazo Atlátnico ten como obxectivo promocionar e poñer en valor a gastronomía e cultura mariñeira atlántica, a súa participación é esencial para a repercursión e éxito do proxecto.

 

Municipios Beneficiarios.

-Os 77 municipios costeiros integrados nos GALP beneficiarios:

A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Camariñas, Vimianzo e Muxía./ Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muros, Noia, Outes e Porto do Son/ Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa/ Barreiros, Burela, Cariño, Cedeira, Cervo, Foz, Mañón, Ortigueira, Ribadeo, Valdoviño, O Vicedo, Viveiro, Xove/ A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada/ Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume/ Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda/ Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Meaño

 

Muncipios colaboradores

- Os 60 municipios dos territorios integrados nos GALP colaboradores: Rota, Sanlúcar,  Chipiona, Puerto de Santa María, Trebujena/ Ayamonte, Cartaya, Isla Cristina, Lepe, Punta Umbría / Agaete, Agüimes, Aldea de San Nicolás, Artenara, Arucas, Gáldar, Ingenio, Palmas de Gran Canaria, Mogán, Moya, San Bartolomé de Tirajana, Santa María de Guía, Telde/ Alcochete, Moita, Montijo Palmela, Sesimbra, Setúbal/ Línea de la Concepción, San Fernando, Puerto Real, Chiclana de la Frontera, Conil de la Frontera, Barbate, Tarifa/ Alcoutim, Castro Marím, Vila Real Santo António, Távira, Olhão, Faro, Loulé/ Vila Nova de Cerveira/ Caminha, Viana do Castelo, Esposende/ Peniche/ Coimbrão, Marinha Grande e Vieira de Leiria/ Ovar, Murtosa, Aveiro, Ílhavo e Vagos/ Albufeira, Silves, Lagoa, Portimão, Lagos, Vila do Bispo, Aljezur.

 

Entre socios directamente beneficiarios da axuda e colaboradores o proxecto Morada Atlántica + abrangue un total de 137 municipio, de los cuales 106 son españoles y 31 portuguesas.

 

Lonxitude do litoral.

O proxecto afecta abrangue aproximadamente 1.498 Km. do litoral galego. Grazas a participación de socios colaboradores portugueses, Andaluces e Canarias este proxecto traballará sobre o espazo atlántico que vai dende Galicia ata Canarias, estando representandos todos os territorios costeiros atlánticos andaluces e galegos, e municipios costeiros das tres rexións atlánticas portuguesas e do territorio canario

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
188.000,00
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
123.500,00
Total axuda pública aprobada (€): 
123.500,00
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
104.975,00
FEMP (%): 
85
CA (€): 
18.525,00
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

 

O proxecto “Morada Atlántica +. Espazo Atlántico” ten como finalidade potenciar dunha forma innovadora rendible, sostible e diferenciada a competitividade turística dos territorios que compoñen o espazo atlántico a través da posta en valor de: a cultura e o patrimonio material e inmaterial mariñeiro, utilizando como fío condutor a gastronomía e a cultura mariñeira, baixo unha esfera experiencial, emocional e relacional, que converta a oferta turística das zonas costeiras do espazo atlántico nun mercado de emocións singular.

Ademais, a posta en marcha do proxecto Morada Atlántica +. Espazo Atlántico contribuirá ao logro dos obxectivos específicos da Prioridade 4 da Unión Europea regulada no artigo 6.4 do Regulamento (UE) 508/2014, grazas a:

-           Creación e mantemento do emprego vinculado actividades turística.

-           A cohesión social a través do crecemento económico que xerará un maior volume de turistas e visitantes o territorio.

-           A diversificación produtiva no marco da pesca a través do turismo vinculado coa etnografía e a gastronomía mariñeira.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

 

 

Os resultados do proxecto Morada Atlántica +. Espazo atlántico serán os seguintes:

 

A) A mellora de competitividade do sector da hostalaría. A través de accións dirixidas a:

  • Establecementos de hostalaría. Contarán con accións formativas dirixidas a mellorar a competitividade económica dos seus establecementos.
  • Pescadores e confrarías. O incrementar a demanda de produtos autóctonos, especialmente aqueles como os descartes con menor valor de mercado.
  • Turistas, visitantes. Contará con un maior variade oferta de receitas vinculadas a produtos autóctonos locais.
  • Poboación en xeral. Tanto pola mellora da oferta hostaleira, como pola potenciación do sector que se traducirá nunha maior creación de emprego neste sector.

 

B) Maior promoción dos establecementos hostaleiros. A través de accións dirixidas a:

 

  • Establecementos de hostalaría. A posta a disposición dos establecementos hostaleiros de ferramentas Tics, como a web e app de Cocina Atlántica, así como o contido audiovisual xerado para os establecementos adherios a etiqueta “Cocina Atlántica” e as accións de dinamización realizadas nas redes sociais, facilitarán: a difusión dos productos autóctonos, a tempada de consumo óptimo de cada produto, as diferentes manieras de cociñalo e os establecementos de hostalaría que ofertan.

 

  • Turistas, visitantes e poboación en xeral. A difusión dos produtos, así como as súas épocas de consumo óptimo, as receitas e os establecementos do territorio galego atlántico, aportara unha importante información gastronómica para estes colectivos.

 

C) Posta en valor da Cociña Atlántica

 

  • Establecementos de hostalaría. Mellora da imaxe de marca e posiconamento dos produtos autóctonos atlántico.
  • Pescadores e confrarías. A través da posta en valor de produtos autóctonos, especialmente aquelas especies con un baixo valor de mercado.
  • Turistas e visitantes. A través dunha maior oferta gastronómica baseada en produtos locais.
  • Poboación en xeral. A través de axudar a que gastronomía sexa un elemento de dinamización económica del territorio, poñendo en valor os produtos autóctonos, as receitas e as diferentes técnicas de conservación do peixe.

 

C) Maior oferta museística de espazos con contido mariñeiro

 

  • Espazos con contido museístico de temática mariñeira. O traballo en rede propiciará a creación dunha maior oferta cultural vinculada a cultura mariñeira.
  • Administración Local. O contar con un maior axenda de actividades no seu territorio.
  • Turistas e visitantes. A realización de exposicións de carácter temporal contribuirá a incrementar a oferta turística do territorio.
  • Poboación en xeral. A realización de exposicións de carácter temporal contribuirá a incrementar a oferta cultural do territorio.

 

D) Maior promoción de espazos museísticos con contido mariñeiro

 

  • Espazos con contido museístico de temática mariñeira.. O traballo conxunto, dos diferentes dos diferentes espazos museísticos adheirdos a Rede Rema, permitirá realizar unha difusión conxunta de todos os espazos e as actividades realizadas neles.
  • Administración local. Dado que maioría dos espazos galegos, con contido museísticos mariñeiro, son de propiedade municipal, a súa pertenza a Rede Rema permitirá tanto colaborar como promocionar actividades de temática mariñeira de modo conxunto con oturos concellos.
  • Turistas, visitantes e poboación local contarán con máis medios onde poder atopar información sobre as diferentes actividades que se realicen nos diferentes espazos que conforman a Rede.

 

E) Maior cooperación entre Galps galegos con galps doutros territorios

 

  • Galps galegos, andaluces portugueses e canarios. A posta en marcha do proxecto “Morada Atlántica +. No espazo atlántico” permitirá articular un novo espazo de colaboración entre os galp pertencentes o espazo atlántico.
  • Xunta de Galicia. A posta en marcha do proxecto “Morada Atlántica +. No espazo atlántico” permitirá a Galicia liderar un proxecto de cooperación no espazo atlántico europeo, baseado na posta en valor da gastronomía e a cultura mariñeira atlántica.
Principais actividades do proxecto: 

 

ACTIVIDADE 1

 

Posta en valor da “Cocina Atlántica”

 

Esta actividade terá como obxectivo desenvolver un conxunto de accións que poñan en valor os produtos e especialidades da “Cocina Atlántica” que son elaborados utilizando produtos autóctonos nos territorios costeiros atlántico, grazas o cal melloraremos e reforzaremos a venda de proximidade no sector primario, defendo os intereses de produtores locais e tamén do consumidor final, ao poder ter a oportunidade de gozar dun produto de elevada calidade en termos de saúde e sabor.

 

Mediante esta acción articularase unha estratexia de promoción e diferenciación dos produtos autóctonos atlánticos, dos seus pratos tradicionais e, en consecuencia, dos establecementos de hostalaría que os comercializan.

 

As accións concretas a desenvolver no marco de esta actividade son as seguintes:
 

  • Receitario de establecementos de hostalaría, só nos territorios que actualmente no conten con esa información, onde tras un traballo de campo, se recollan os principais produtos e especialidades gastronómicas da “Cocina Atlántica” elaboradas nos diferentes municipios. Esta información estará dispoñible na web e app de Cocina Atlántica
  • Captación de novos establecementos a etiqueta “Cocina Atlántica”, deseñda no marco do proxecto de cooperación Morada Atlántica.
  • Elaboración dun reportaxe audiovisual (reportaxe fotográfico e videos promocionais) para aqueles establecementos de hostalaría adheridos a etiqueta “Cocina Atlántica”. Unha vez finalizados serán subidos a páxina web www. cocinaatlantica.com, app Cocina Atlántica (disponible de modo gratuito na google play e na App Store) e as redes sociais.
  • Traducción da web e app Cocina Atlántica a como mínimo a dous idiomas (inglés, francés o portugueses)
  • Actualización de contidos na web e Redes Socias, na que se incorporará a nova información sobre os territorios, produtos e establecementos de hostalaría en cada un dos territorios.
  • Accións de formación e networking sobre a “Cocina Atlántica”  Que axuden por un lado a fomentar os procesos de innovación e por outro recuperen prácticas ligadas a gastronomía que se perderon ou están a punto de perderse.

Actividade 2: Dinamización da Rede Rema

  • Deseño de exposicións temáticas sobre cultura mariñeira na que se integren fondos museísticos de diferentes espazos da Rede Rema.

  • Traslado de exposicións temporais de contido mariñeiro a espazos con contido museísitco da Rede Rema

Actividade 3: Promoción e difusión Morada Atlántica

 

  • Deseño de exposicións temáticas sobre cultura mariñeira na que se integren fondos museísticos de diferentes espazos da Rede Rema.

  • Traslado de exposicións temporais de contido mariñeiro a espazos con contido museísitco da Rede Rema.

- Xestión de Redes Sociais, páxinas de Facebook e Twitter do proxecto Morada Atlántica + Espazo Atlántico, na que entre outras tarefas se atoparan: a contestación a comentarios, mensaxes trasladados a través de estes medios. Tamén se xestionará o deseño de campañas específicas destinadas a promoción de eventos o dos produtos resultantes a través da execución deste proxecto.

 

- Elaboración de contidos para redes socias. Realizaranse contidos propios a partir dos resultados dos traballos realizados no marco da actividade 1 e das actividades desenvoltas no marco da Rede Rema.

 

- Elaboración e envío de notas prensa. Redactarase unha nota de prensa por cada acto que se realice no marco do proxecto Morada Atlántica, enviándose cada unha delas a unha base de datos onde están recollidos os principais medios on line e off line galegos.

 

- Deseño de invitacións os diferentes actos desenvolvidos no marco do proxecto. Elaboraranse invitacións destinadas a captar público os diferentes actos ou eventos que se realicen no marco do proxecto.

 

- Telemarketing. Xestión telefónica para a captación de público ou participantes para os diferentes ou eventos que se realicen no marco do proxecto.

 

O final da execución do proxecto realizarase unha xornada de exposición pública de resultados, para dar a coñecer a cidadanía e o público en xeral os seus resultados finais alcanzados.

  •  

 

 
 
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 
-
Obxectivo específico da EDLP: 
-
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)